TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago. 2012

O SÁBADO 1 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR NO BAR TROYA O ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS DO III OPEN DE FUTBOLÍN 2012



Este sábado 1 de setembro, a partir das 22:30 horas, celebrarase no Bar Troya (Marzán) o acto de entrega de diplomas aos 32 xogadores/as que participaron o pasado venres 24 de agosto no III Open de Futbolín O Rosal 2012.

Esta terceira edición dos “Open” xogouse no local “troyano” coa vitoria final para o equipo “Fornelos/Cruces” integrado por Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi). Os subcampións foron “Demo e Mary” (Sergio Martínez Maza de Lizana e Mary Domínguez Rodríguez).

O terceiro posto foi para “Los Cogollitos”, parella formada por Pedro Fernández Carrera e Sergio Rodríguez Rodríguez (Trinta), finalizando en cuarta posición o equipo “Ínsua”, integrado por Braulio Álvarez González (Galis) e Gustavo Jurado Fernández.

O organizador dos Open, Juan Ramón Martínez Barbosa, sinala que “o verdadeiramente importante deste tipo de eventos é a xuntanza entre os amigos/as e pasalo ben, ao redor dun xogo tradicional, que nos gusta a moitos, como é o futbolín” e anima a aqueles/as que aínda non participaron a apuntarse nos vindeiros torneos.


Martínez Barbosa lembra que “este ano 2012 (en outubro) terá lugar o XXV Aniversario da Festa do Cabaqueiro. Dentro da súa programación -e para conmemorar esta efeméride- comezarase en breve a traballar no proxecto para poder celebrar un gran IV Campionato de Futbolín na honra dos mestres telleiros, que se disputaría na céntrica Praza do Calvario do Rosal”.

As entidades ou particulares que desexen colaborar nestes eventos, poden solicitar máis información chamando ao teléfono 637 311 007 ou ben enviando un correo electrónico a juanorosal@hotmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario