A parroquia rosaleira de San Xoán de Tabagón, celebra un ano máis, as súas grandes Festas na honra da Virxe da Saúde e San Brais.
PROGRAMA DE FESTEXOS
VENRES 4 DE FEBREIRO (festivo local)
·Ás 13:00 horas, haberá unha gran tirada de fogo graneado.
·Ás 16:00 horas, Treboada e xa ás 18:00 horas procederase á Subida do Artístico Arco. Nas últimas décadas vén sendo autor do seu deseño o colaborador e debuxante tabagonés Ángel Pérez, que cada ano é o encargado de que o arco sexa diferente e novidoso. Nesta ocasión alúdese aos oito séculos da consagración da Catedral de Santiago de Compostela (plano xentileza de Roberto Valladares).
·Ás 20:00 horas haberá un animado ambiente tradicional.
SÁBADO 5 DE FEBREIRO
·Ás 10 e ás 11 da mañá, así como ás 6 da tarde, misas rezadas a San Brais, bispo e mártir.
·Tamén ás 11 horas, entrada do grupo de baile Do Lusco ó Fusco (treboada, gaitas e baile).
·Ás 12 da mañá, Misa Solemne na honra de San Brais, con Sermón e Procesión.
·A partir das 22:00 horas, presentación das orquestras Satélites e Trébol.
DOMINGO 6 DE FEBREIRO
·Ao mencer, tirada de bombas de palenque.
·Ás 9, 10 e 11 da mañá, así como ás 6 da tarde, misas rezadas na honra da Virxe da Saúde.
·Ás 11 horas, fará entrada a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.
·Ás 12 horas, celebrarase a Misa Solemne na honra da Virxe da Saúde, con Sermón e Grandiosa Procesión.
·Pola tarde haberá hinchables para os nenos e chocolate de balde para todos, coas actuacións de Airiños do Tamuxe, a Agrupación Folk Tarxa. Asociación Veciñal de Castrelos.
·Rematarán estas festas da Saúde e San Brais cunha gran tirada de bombas.
0 comentarios:
Publicar un comentario