TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

25 jun 2012

O XIMNASIO EXCALIBUR DE O ROSAL OFERTA POR TERCEIRO ANO UNHA ACTIVIDADE DE XIMNASIA PARA NENOS/AS



Durante o vindeiro mes de xullo, o Ximnasio Excalibur de O Rosal oferta por terceiro ano unha actividade de ximnasia para nenos/as en idade escolar (de 6 a 12 anos).

O horario será os martes e xoves de 10 a 11 horas o primeiro grupo e de 11 a 12 horas o segundo.

A actividade está basada en actividades psicomotrices e de interrelación, cun compoñente fundamentalmente lúdico e incidindo en potenciar as habilidades físicas propias da idade escolar (coordinación, equilibrio, coñecemento dos recursos físicos funcionais, etc) así como a adquisición de hábitos saudables.

A matrícula é gratuíta e con prezo especial para familiares de socios do ximnasio.

Como promoción, o Ximnasio Excalibur ofrece unha tarifa adaptada neno-familiar, para dispoñer das instalacións mentras o neno realiza a actividade.

Calquera dúbida pódese consultar na recepción do Ximnasio, no teléfono 647 959 695 ou ben no perfil do "Excalibur" na rede social facebook.

0 comentarios:

Publicar un comentario