TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

19 jun. 2012

II CAMPUS DE BALONMÁN ATLÉTICO NOVÁS NO PAVILLÓN MUNICIPAL



Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás
Fotografías: Noticias O Rosal

O venres 13 de xullo, dende as 10 da mañá ás 6 da tarde, terá lugar o II Campus de Balonmán Atlético Novás, que se celebrará no Pavillón Municipal do Rosal.


Este campus-campamento está destinado a nenos de entre 10 e 15 anos, "onde darán os primeiros pasos para iniciarse no deporte do balonmán".


A inscrición é de 3 euros (entregar na entrada do pavillón). A data límite para inscribirse será o 22 de xuño.


Cada neno terá un bocadillo e auga ao mediodía. Entregaráselle a cada participante unha camiseta de recordo deste evento.

Podes solicitar o impreso da inscrición na seguinte dirección de correo electrónico:
baseatlnovas@hotmail.com


Para máis información, podes contactar coa Organización tamén no teléfono 627 790 435.

Nas imaxes, monitores e participantes na primeira edición de 2011.

0 comentarios:

Publicar un comentario