TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 jun. 2012

CONFIRMACIÓNS 2012 E PRIMEIRA VISITA Á PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DO BISPO MONSEÑOR LUIS QUINTEIRO FIUZA


O pasado sábado 16 de xuño e na misa da tarde, leváronse a cabo as confirmacións deste ano 2012.

Administrou o Sacramento a 26 mozos e mozas o bispo monseñor Luis Quinteiro Fiuza. Esta foi a primeira visita á parroquia de Santa Mariña dende que tomou posesión da diocese de Tui-Vigo o 24 de abril de 2010, procedente da de Ourense.




A Santa Misa, nese día das confirmacións, foi oficiada polo propio bispo, como é de ritual. Na súa breve intervención, agradeceu a colaboración na preparación dos rapaces/as, tanto aos sacerdotes da parroquia, ao abade Julio Ramos Rodríguez, ao vigario Isaac Penela Carbajales, así como ao equipo de catequistas.

Rematou este acto relixioso cunha foto de familia para a posteridade.

0 comentarios:

Publicar un comentario