TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

16 jun 2012

HOMENAXE AOS SOCIOS MÁIS ANTIGOS DA SOCIEDADE RECREATIVA E CULTURAL DE SAN MIGUEL DE TABAGÓN (O ROSAL)





Informa: Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel

Este domingo 17 de xuño, na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón (O Rosal), terá lugar o día da “Homenaxe ó Socio” na que se celebrarán distintos actos para homenaxear aos dez socios máis antigos da entidade, que este ano cumpre 85 anos de historia.

Os homenaxeados son xente con máis de 50 anos de antigüidade, os cuais viviron cambios como a edificación do local actual, onde se celebrarán estes actos, durante todo o día. Estarán acompañados polos seu familiares e o resto dos socios.

Os actos comezarán ás 12 da mañá cunha misa na igrexa de San Miguel (O Rosal) na honra dos socios falecidos. De seguido, na compaña do grupo folk “O Trebón dos Xidos”, a comitiva dirixirase ás instalacións da SRC San Miguel para ter unha sesión vermouth.

Ás 2 da tarde terá lugar a comida no salón de actos con todos os homenaxeados e os seus familiares. Alí se degustará o siguiente menú, que ten un coste de 20 euros para socios e 25 euros para non socios.

• Pescada á romana con ensalada de tempada

• Tenreira asada no seu xugo con patacas e guarnición

• Torta xeada e rosca

• Viños brancos e tintos de O Rosal

• Refrescos

• Café e licores

A partir das 16.30 horas, comezará a homenaxe cunha entrega de obsequios aos nomes propios do día, a estes señores históricos que deron moito á entidade e o seguirán dando.

• Emilio Fernández González

• Casimiro Sousa Fernández

• Manuel Silva González

• Juan Rodríguez Pereira

• Saúl Carrera Blanco

• Luis Pereira Rivero

• Américo Rodríguez Valladares

• Celso González Ferreira

• Florencio Vázquez Fernández

• Eduardo Rodríguez Pereira

Para rematar o acto seguirá a fiesta co baile aos homenaxeados dirixido por “Roberto Show”, que o amenizará ata últimas horas do día.

Se algún familiar ou amigo desexa participar no evento pódese por en contacto nos teléfonos 662 307 341 e 986 613 869 ou en srcsanmiguel@hotmail.com  

0 comentarios:

Publicar un comentario