TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 jun. 2012

ÉRGUETE BAIXO MIÑO PON EN MARCHA O PROGRAMA "CAMBIO DE SENTIDO"



Informa: Natalia González / Érguete Baixo Miño

Un ano máis, co comezo do verán, a Asociación Érguete Baixo Miño pon en marcha a campaña de información ás autoescolas sobre o Programa de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos, co fin de lograr a súa implicación e poder impartir o programa nas súas aulas.

Trátase dunha actuación preventiva denominada CAMBIO DE SENTIDO que pretende mellorar a información dos/as alumnos/as das autoescolas, principalmente mozas e mozos de entre 18 a 25 anos, en relación cos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, promovendo actitudes e condutas máis seguras e responsables no respecto das taxas de alcoholemia, e outras condutas de risco.

Para a realización desta actuación contamos co fundamental apoio destas autoescolas agradecendo de antemán a súa disposición e colaboración para a realización da actividade. As sesións son impartidas polas técnicas de prevención da Asociación, durante os meses de xullo, agosto e setembro utilizando recursos audiovisuais e unha metodoloxía participativa.

Esta actividade está promovida pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública –Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016, para reducir o número de accidentes nas nosas carreteiras. Como a campaña “Tolerancia Cero” co consumo de drogas ao volante que a DXT porá en marcha a partir do próximo 9 de xullo. Para elo, realizará miles de controles aleatorios "en todas as vías, horas e días da semana".

Equipo Técnico de Prevención
Contacta:
Rúa Colón, 20 - 36780 A Guarda (Pontevedra)
Tfno.:/Fax: 986 61 44 07
Séguenos en:
facebook.com/erguetebm
@ErgueteBM


0 comentarios:

Publicar un comentario