TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

11 oct. 2013

OS MELLORES XOGADORES DE FUTBOLÍN DO BAIXO MIÑO SERÁN PREMIADOS ESTE SÁBADO 12 NA FESTA DO CABAQUEIRO



O pasado sábado 5 de outubro celebrouse no Salón de Exposicións do Rosal (Praza do Calvario), a 5ª edición do Campionato de Futbolín na honra dos Cabaqueiros, sen dúbida unha das máis competidas e de máis nivel dos últimos tempos.

Diego e Yeya, Campións do V Cabaqueiros 2013

20 dos mellores xogadores da Comarca deste xogo tradicional (modalidade “parado”) disputaron a coñecida como “Champions de Futbolín do Baixo Miño”, resultando gañador despois dun gran torneo, o equipo YEDIE, formado por Sergio Casal Fernández “Yeya” e Diego Álvarez Fernández.

Destacar que este é o terceiro título de “Cabaqueiros” para Yeya (2009, 2012, 2013) e o segundo para Diego (2010, 2013).

Subcampións e campións desta edición do Cabaqueiros

Os subcampións foron OS BATÍNS, equipo formado por Ángel Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis” (gañador en 2011).

Pola súa banda, o terceiro posto foi para OS DA JALLEIRA, Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez Martínez “Dani” (Campións de España de Movemento F-2 en 2010), tras gañar a final de consolación ao equipo REPESCAOS, integrado por Diego Martínez Alonso (vencedor do Cabaqueiros en 2010) e Gustavo Jurado Fernández.


Mañá, sábado 12 de outubro ás 16:30 horas, na Praza do Calvario, terá lugar a entrega de trofeos deste V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros 2013 e coñecerase o gañador do “Catiña de Ouro”, premio que se instaura este ano e que distinguirá ao mellor xogador do Campionato, elixido polos propios participantes (tamén haberá “Catiña de Prata” para o segundo e “Catiña de Bronce” para o terceiro mellor xogador).


A Organización do evento quere agradecer publicamente a inestimable colaboración dende 2009 do Concello do Rosal, así como das diferentes institucións, empresas e mesmo particulares que axudan a que se poida levar a cabo ano tras ano este xa clásico torneo de futbolín para a xuventude baixomiñota.


A partir do 12 de outubro comeza a tempada de futbolín 2013/14, onde Yeya e Diego disfrutarán durante todo o ano do seu título (como campións, teñen invitación para todos os torneos que se organicen), ata a vindeira XXVII Festa do Cabaqueiro.

CLASIFICACIÓN FINAL
V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN
OS CABAQUEIROS. O ROSAL 2013

1º: YEDIE (Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández “Yeya”)
2º: OS BATÍNS (Ángel Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis”)
3º: OS DA JALLEIRA (Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez Martínez)
4º: REPESCAOS (Gustavo Jurado Fernández e Diego Martínez Alonso)
5º: JUANFRONYLLO TEAM (Sergio Diego Fernández  “Frony” e Juan R. Martínez)
6º: AL CUADRADO (Jorge Silva Álvarez “Yors” e Sergio Fernández González “29”)
7º: OS AMIGOS (Antonio Lomba Rodríguez “Xián” e José Martínez Fernández)
8º: MOTHER TALKING (Jorge Díaz Rocha “Tuka” e Andrés Martínez Rocha “Pipu”)
9º: GAAAS 4 (Luis Martínez Pereira e Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”)
10º: LICOR-K (Ruth Mª Martínez e Gerardo González Gómez “Gera”)

0 comentarios:

Publicar un comentario