TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

13 oct 2011

GALIS E SERGIO, VENCEDORES DO III CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS. CONCELLO DO ROSAL 2011


Esta fin de semana (8 e 9 de outubro) celebrouse na Praza do Calvario o III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011.

A organización deste evento correu a cargo da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o propio concello rosaleiro, que dende 2009 vén celebrando este torneo como unha actividade máis dentro da Festa do Cabaqueiro, este ano xa na súa XXIV edición.

Aínda que houbo moitas ausencias significativas -e irremediables- por compromisos adquiridos previamente, un total de catorce parellas participaron no Campionato na honra e lembranza dos mestres telleiros do Baixo Miño.


Braulio Álvarez González (Galis) e Sergio Rodríguez Álvarez, que formaban o equipo “OS ARGINAS” proclamáronse campións tras gañar na final a “OS ESNORZADOS”, Carlos Alberto Álvarez e Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”.

O terceiro posto, por decisión da Organización, será compartido por dous equipos, “OS EMBUCHADOS" (Sergio e Diego) e "BRASIL NO SUCÁ" (Alfonso e Juan), xa que por motivos laborais non foi posible celebrar o partido que outorgaría este posto de privilexio.

0 comentarios:

Publicar un comentario