Seguen os actos programados con motivo do 25 aniversario da Agrupación Musical do Rosal. Desta vez, o sábado 29 de outubro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal, terá lugar un concerto que ofrecerá a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, baixo a batuta de Juan Carlos Díaz Álvarez.
Interpretarán o seguinte programa: Alvamar Overture de James Barnes, Czardas de Monti, Marta Agustín de Pérez Sanz, Waves of the revolution de Sean O`Loughlin, Ireland de Robert W. Smith, Estrasantico de Simón Couceiro e rematarán co pasodobre Xinzo de José Luis Represas.
Organiza este evento a Agrupación Musical do Rosal, que lembra que esta banda foi a que os apadriñou na súa presentación o día 4 de maio de 1986.
Colaboran o Concello, a Fundación O Rosal, a Comunidade de Montes de Santa Mariña, a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
0 comentarios:
Publicar un comentario