TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 nov. 2014

O curso federativo de "Monitor de Fútbol Base" comeza en O Rosal o día 25


Información e fotografías: Miño Films

O pasado venres 7 de novembro presentouse no concello do Rosal o curso federativo de "Monitor de Fútbol Base", convocado pola Federación Galega de Fútbol, que dará comezo o vindeiro martes 25 de novembro.



Ao acto asistiron, ademais dos propios inscritos -entre outros- a presidenta da U.D. Ribera, Estela Pereira Álvarez, o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, acompañados da tenente alcalde Mª Carmen Alonso e o edil Ángel Martínez Villa.



Igualmente, interviron neste acto de presentación, José Luis Mosquera (ex-xogador do Celta e coordinador dos cursos na comarca de Vigo) e Manuel Mosquera, director da "Escuela Gallega de Entrenadores".



O curso se celebrará no Centro Social Polivalente e no Estadio Municipal da Mata, cunha carga lectiva de 65 horas repartidas desta maneira: 


 Técnica (10 horas)
- Individual y colectiva
 Táctica (10 horas)
- Estrategias y Sistemas
 Entrenamiento Deportivo (10 horas)
- Preparación Física
 Reglas de Juego (10 horas)
 Medicina del Deporte (5 horas)
 Psicología (aplicada) (5 horas)
 Metodología (aplicada) (5 horas)
 Dirección de equipos (5 horas)
 Reglamentación deportiva (5 horas)
- Ley del Deporte
- Real Decreto de Enseñanzas
- Reglamento Federativo
- Cursos de Entrenadores
- Titulaciones de Técnicos

0 comentarios:

Publicar un comentario