TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

14 nov. 2014

O Novás empregará a filosofía de "Cholo" Simeone en busca da remontada

Adrián Freiría e Roberto Rodríguez "Harris" cando militaban xuntos no Novás

Informa: Acanor Atlético Novás.

O Novás, equipo rosaleiro de balonmán, empregará para a súa remontada en Liga, a coñecida filosofía do "partido a partido", ideal instaurado por Diego Pablo "Cholo" Simeone (adestrador de fútbol do Atlético de Madrid).

'Agora debemos ir partido a partido', estas son as declaracións do lateral rosaleiro Roberto Rodríguez Vicente "Harris".
Tres derrotas consecutivas, o que deixan ao Acanor Novás cunha bagaxe de 7 puntos sobre 16 posibles.
'É unha situación coa que ninguén contaba. Sabíamos que este ano non ía ser un paseo pero ninguén pensaba ter menos da metade dos puntos xogados ata o de agora'. Pero tanto Harris coma o resto do plantel están convencidos de que si se segue remando cara o mesmo lado isto non está para nada perdido. 'O outro día en Cisne penso que fixemos un bo partido. O que pasa que tivemos nos minutos finais erros provocados pola falta da confianza e a presión, pero se seguimos nesta liña isto pódese remontar. O que non podemos ver agora é a clasificación, se non ir partido a partido'.
O rival de mañá é o Promens Cañiza (19:00 h), novato na categoría, pero que camiña con paso firme. Ata o de agora suma nove puntos e xa está preto de conseguir o obxectivo de calquera recén ascendido, a permanencia. Manteñen o bloque que lle deu o ascenso e reforzáronse con Adrián Freiría, que o ano pasado xogou nas filas do Acanor, e que este verán decidiu cambiar de aires para voltar a xogar co seu irmán xemelgo, Aitor. Eles dous son, xunto ao canteirán rosaleiro Esteban Martínez, tres dos pilares nos que se sustenta este proxecto. Para Harris será especial enfrontarse a este último, xa que foron compañeiros dende que se iniciaron neste deporte ata os 19 anos. 'Será especial, pero aínda que fóra das pistas sexamos íntimos, mañá cada un defenderá o seu.'
Mañá, sábado 15 de novembro, ademais do encontro, no descanso producirase a presentación de todas as categorías do club.

0 comentarios:

Publicar un comentario