TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

22 may. 2012

ENCONTRO DE CORAIS E CONCERTO 26º ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. ESTE "FINDE" NO AUDITORIO



Informa: Montserrat Domínguez Otero / A. M. do Rosal

Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos ós actos que terán lugar no Auditorio do Rosal este vindeiro fin de semana:

- Sábado, 26 de maio, ás 20:30 h. Encontro de Corais no que participarán:

·Coral Amadeus (Vigo)

·Coral Polifónica de Tomiño

·Coral da Agrupación Musical do Rosal

- Domingo, 27 de maio, ás 18:30 h. Concerto da banda de música Agrupación Musical do Rosal, con motivo da celebración do noso 26º aniversario.

Baixo a batuta do seu director Diego Javier Lorente López interpretarán o seguinte programa:

·Yakka, de José Rafael Pascual Vilaplana

·Symphonic Overture, de James Barnes

·Carmen Fantasy, de Georges Bizet, arranxo Eiji Suzuki

·Primavera, de Satoshi Yagisawa

·Persis, de James L. Hosay

·My way, de Jacquex Revaux, arranxo José Vicente Simeó Máñez

Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e gustaríanos contar coa vosa asistencia.

0 comentarios:

Publicar un comentario