TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 may 2012

DISPUTOUSE A ÚLTIMA XORNADA DO TORNEO INTEGRACIÓN DE FÚTBOL DO PROXECTO COMENIUS REGIO


Somascos B, equipo gañador


 Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

Onte, martes día 29 de maio tivo lugar nas instalacións deportivas do Centro San Xerome a última xornada do “Torneo integración” de fútbol, incluído no Proxecto Europeo Comenius Regio.

Nesta ocasión foi a quenda dos rapaces da ESO, do IES A Sangriña, do Colexio PP Somascos e dos deportistas do San Xerome e Avelaíña.

Os equipos estaban formados por xogadores da Sangriña e Somascos xunto cos do San Xerome e Avelaíña.


Xornada deportiva de amizade e integración, cun magnífico ambiente, que rematou co triunfo do equipo de Somascos B con xogadores deste Centro, xunto con Carmelo, Pepe, María e Amparo (San Xerome) e Julio (Avelaíña). No segundo lugar clasificouse o equipo do IES A Sangriña B.


A organización do Torneo, quere agradecer publicamente o exemplar comportamento de tódolos deportistas participantes e o esforzo solidario realizado polos seus adestradores para poder estar presentes nas tres xornadas do Torneo. Graciñas tamén aos voluntarios colaboradores: Ana Lozano (fotógrafa), Rubén (árbitro), etc, etc.

0 comentarios:

Publicar un comentario