TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 may. 2012

O NOSO VOTO PARA O GRUPO LIROLAI, QUE PARTICIPA EN "NOVOSON 2012", CONCURSO DA RADIO GALEGA



O grupo de pandereteiras/os e música tradicional LIROLAI, atópase na fase final do concurso "Novoson 2012" da Radio Galega.

Lirolai preséntase coa canción "Rumba do muíño" dentro da sección "Músicas Urbanas e do Mundo". Para participar nos Premios do Público tan só hai que buscar o seu tema, abaixo á dereita, marcalo co rato e darlle a votar (pódese facer unha vez cada día ata as 0:00 horas do domingo 3 de xuño). 

O día 4 de xuño daranse a coñecer os gañadores do Premio do Xurado no programa A Tarde, da Radio Galega.

¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa e moita sorte!!

0 comentarios:

Publicar un comentario