TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

19 mar. 2014

MÁIS DE 100 INSCRITOS NA XORNADA SOBRE FROITOS DO BOSQUE



Informa: AEDL Concello do Rosal

EXPERTOS ASTURIANOS FALARÁN SOBRE NOVAS EXPECTATIVAS AGROFORESTAIS PARA  A BISBARRA DE VIGO-BAIXO MIÑO

Este xoves 20 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar na sala de exposicións do concello de O Rosal unha xornada informativa subvencionada polo programa Leader Galicia, sobre “Novas expectativas agroforestais: a experiencia dos froitos do bosque noutros territorios”.

Ademais da presenza do alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, e da presidenta do AGDR MAIV-Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, contaremos como poñentes técnicos co xerente do GDR Bajo –Nalón (Asturias), Juan Antonio Lázaro, e co presidente da cooperativa L´Andecha Praviana, Fernando García, que nos falarán da experiencia da produción, transformación e comercialización dos froitos do bosque en Asturias.

Esta xornada complementarase cunha viaxe ao territorio do Bajo Nalón os próximos días 10-11 de abril, para coñecer “in situ” os proxectos alí desenvoltos, e recibir información de primeira man de enxeñeiros, produtores, comercializadores e transformadores da zona.


A participación no acto é libre e gratuíta, previa inscrición no AGDR MAIV-Baixo Miño, e xa contamos cun cento de persoas rexistradas para asistir a este interesante evento.

0 comentarios:

Publicar un comentario