O sábado 7 de maio terá lugar unha nova andaina dentro do programa gratuíto “O Rosal. Coñece o teu concello” que levará aos participantes a visitar –entre outras- a Aula da Natureza das Aceñas, a ponte vella do Tamuxe e a capela de San Gregorio, en Pías, ademais de camiñar por incribles paraxes ribeirenses e admirar os distintos elementos da arquitectura civil e relixiosa da vila.
A saída realizarase ás 10 da mañá dende a Praza do Calvario, cambiándose polo tanto o horario habitual das 15:30, para non coller as horas fortes do sol.
Para apuntarse ou solicitar máis información poden dirixirse ao Departamento de Cultura e Turismo, no teléfono 986 62 50 00 ou ben no correo turismo@concellodorosal.es
0 comentarios:
Publicar un comentario