O Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores, organiza o vindeiro sábado 4 de xuño, a partir das 17:00 horas, o veterano e recoñecido Trofeo Pista das Faias, xa na súa XX edición.
Segundo se pode ler na súa web, "comezará a competición coa Ximcana da categoría Benxamín, á que seguirán os Alevíns, Infantís e para rematar a tarde de ciclismo serán os Cadetes os que pecharán este XX Trofeo Pista das Faias".
Dende o club da vila tamén queren "divulgar a Promoción do Ciclismo que vai efectuar o C.C. O Rosal para a captación de novos corredores. Esta promoción vaise celebrar na Pista de Ciclismo das Faias en San Xoán de Tabagón, todos os venres de xuño e o primeiro venres de xullo (días 3, 10, 17, 24 de xuño e 1 de xullo) ás 17:00 horas".
Lembran que "só e preciso que os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, acudan coa súa bicicleta e o seu correspondente casco".
0 comentarios:
Publicar un comentario