TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 may 2011

A exposición "Elas fan Camiño" estará no Rosal ata o 10 de maio




O sábado 30 de abril tivo lugar no Salón de Exposicións municipal a inauguración da mostra “Elas Fan Camiño”, que estará aberta ao público ata o martes 10 de maio, todos os días en horario de 11 a 14 h.

A este acto inaugural asistiron –entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso, así como José Luis Gómez Martínez, edil de Tráfico, Mabel Franco Pérez, concelleira de Educación e Pablo Flores Díaz, concelleiro de Xuventude.


Segundo afirma Mª Carmen Alonso, responsable e artífice de que esta exposición estea no Rosal, “quérese lembrar a todas aquelas mulleres que tiveron e teñen algo que ver co Camiño de Santiago”.

Estes son os títulos dos distintos paneis que conforman esta interesante mostra:

-Exeria, a primeira peregrina galega coñecida

-Esplendor no Camiño

-Raíñas e Santas

-As protectoras do Camiño

-Hospitaleiras

-Elas marcaron camiños

-Josefina Roselló e María Dolores Vilar, dúas peregrinas de Castellón

-María del Carmen Prego: unha vida dedicada á peregrinación

-Rosa Mª Pérez Testa: o valor dunha hostaleira

-Aleksandra Issakova. Axudarlles aos demais non entende de fronteiras

-María Dolores Faraldo Botana: promotora do Camiño

-Rosa Vázquez Santos: investigadora e protectora dos valores históricos xacobeos

-Emma Gutiérez Castro. As súas palabras revelan os misterios do Camiño.

0 comentarios:

Publicar un comentario