TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

14 may 2011

Exposición no Rosal de "Un mar de mulleres" GAC Ría de Vigo - A Guarda



Desde o 14 ata o 20 de maio do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona GAC Ría de Vigo – A Guarda, no Concello do Rosal.

Ademais, o luns 16 de maio de 2011, terá lugar as 20:00 horas a celebración da Xornada “Un Mar de Mulleres” organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo -A Guarda (GAC 7), no salón de exposicións do Concello do Rosal.

Esta idea xurdiu na Mesa da Muller do GAC 7, coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.

Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata A Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha publicación e unha exposición fotográfica.

Nesta xornada presentarase o traballo que levan realizando mulleres da nosa zona (mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc.), e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7.

O acto comezará co saúdo do alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela. A continuación, a xerente do GAC 7, Elena Herbello Puentes, explicará á orde de axudas e o Plan Estratéxico Zonal.

María del Pilar Álvarez Rodríguez da Asociación de Mulleres Progresistas do Rosal e membro da Mesa da Muller, e da Xunta Directiva do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo – A Guarda, explicará como xurdiu a idea deste traballo.

Por último proxectarase o documental “Un mar de mulleres”.

Durante as próximas semanas este material irá rotando polos distintos concellos e organizacións profesionais do sector pesqueiro da zona GAC 7 (Cangas, Moaña, Soutomaior, Vilaboa, Redondela, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda).

0 comentarios:

Publicar un comentario