O pasado sábado 7 de maio celebrouse en Formentera (Illas Baleares) o Campionato de España Cadete de Judo no que participaron dous judokas do Rosal, Nuria Martínez Lomba e Eric Barceló Rodríguez.
Ambos os dous pertencen ao Club de Judo DO-MAJO, formando parte da expedición da Selección Galega. Xunto a eles estivo a súa adestradora, Mónica Pacheco, técnica tamén da mencionada selección.
En categoría de -52 kg, Nuria, tras gañar o seu combate en primeira rolda con grande superioridade, tivo que retirarse no seguinte por lesión.
Pola súa banda Eric, en -50 Kg., gañou todos os seus combates pola máxima puntuación, chegando a semifinais co extremeño Daniel Santiago, actual Campión de España, a quen non conseguiu superar.
No combate na busca do Bronce, tras ir gañando ata o último minuto, Eric cometeu un erro e caíu debaixo do seu opoñente, téndose que conformar co quinto posto final.
Pero iso si, o noso veciño desquitouse participando coa Selección Galega na competición por equipos, proclamándose Campións de España. ¡Noraboa!
0 comentarios:
Publicar un comentario