A coñecida cantante María do Ceo ofrecerá un concerto o sábado 4 de xuño ás 21:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal.
Esta actuación está dentro do programa para conmemorar o 175 aniversario da constitución da Deputación de Pontevedra, no ano 1836. A entrada será libre ata completar o aforo (342 persoas).
María do Ceo, artista luso-galaica, segundo a súa propia biografía, é “fado en estado puro”. Está considerada a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo como na interpretación. Como poderemos comprobar o vindeiro sábado no Rosal, María do Ceo cando canta “transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura…”
0 comentarios:
Publicar un comentario