TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

18 may 2011

Iván Maceiras, 6º en Canarias e novamente seleccionado con Galicia



Informa Sergio Rodríguez Teixeira

Iván Maceiras, 6º en Canarias, e novamente seleccionado con Galicia, esta vez coa categoría xuvenil.

Bo papel de Iván Maceiras no Campionato de España de probas combinadas por federacións, onde conseguiu quedar en 6º lugar coas seguintes marcas: 11.68 (100 ml), 6.33 (salto de lonxitude), 10.40 (lanzamento de peso), 54.48 (400 ml), 16.43 (110 mv), 27.84 (xabalina) e 3.14.47 (1000 ml), para un total de 4614 puntos e o 6º posto na clasificación final no octathlon xuvenil.

Ademais, publicouse a selección galega que formará parte no Campionato de España xuvenil por federacións, e Iván participará na proba de salto de lonxitude. Un novo éxito a engadir á gran traxectoria deste xove atleta rosaleiro.


0 comentarios:

Publicar un comentario