TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 ene. 2013

AGRADECEMENTO PÚBLICO DO SAN XEROME AOS SEUS COLABORADORES



Informa: Centro San Xerome

A Xunta Directiva e a Dirección do Centro San Xerome, en representación das familias e usuarios do  mesmo, queren agradecer publicamente o esforzo realizado  polas empresas, entidades e particulares  mantendo  o seu apoio nesta difícil coxuntura económica.

Grazas por seguir camiñando connosco.

Esta colaboración   fixo posible a realización de novos proxectos,  transformou  algúns soños en realidade, enchendo de maxia o longo camiño cara a integración  social.

Neste  ano  recén rematado,  os socios aportaron 20.000 €, as empresas 8.000, e as Comunidades de Montes 7.200  €.  Estas  aportacións  traducíronse  nunha furgoneta adaptada, instrumentos musicais, mellora nos  espazos de traballo, novo material… etc, etc.

Desexamos o mellor para o  presente ano,  e poder  así continuar  cos obxectivos sinalados  na nosa  misión:

"Facilitar as persoas con discapacidade e as súas familias  apoios e servizos profesionalizados para mellorar a  súa calidade de vida, intervindo no  ámbito persoal, familiar, laboral e social”.

0 comentarios:

Publicar un comentario