TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

19 oct 2008

Os cabaqueiros do Rosal, protagonistas en Cesantes (Redondela)

Detalle dende o interior dun forno cos cabaqueiros en plena demostración
Co fin de dar a coñecer e difundir os novos achádegos que se produciron no lugar da "Telleira" na parroquia de San Pedro de Cesantes (Redondela) organizáronse unha serie de actos culturais. Os protagonistas destas xornadas foron os cabaqueiros do Rosal (Manuel Rodríguez "Trintiña" e Manuel Enríquez "Piedra"), que foron invitados polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy e que ofreceron demostracións en directo do seu oficio. O escritor e investigador Xoán Martínez Tamuxe foi o encargado de comentar e explicar este proceso de "taxique de cabacas e toupos a ghoucha" (facer tellas e ladrillos a man). O venres 17 de outubro estivo dedicado aos rapaces dos colexios da zona, sempre atentos a cada movemento dos nosos telleiros. O sábado 18, xa demostración para adultos. Descubríronse aquí en Cesantes sete fornos, con referencias aínda do século XVIII, realizándose unha pequena ruta coordinada e explicada por Xosé Manuel Bouzón e Mª José Cabaleiro, membros do Obradoiro Fernando Monroy. Houbo durante estes días exposición de ferramenta e pezas cerámicas procedentes do Museo Etnográfico do Rosal, o que levou tamén a achegarse a persoaxes do eido da cultura, a investigación e a docencia. Entre eles saudamos ao xefe do servizo de Patrimonio Cultural da delegación provincial, Xulio Carballo Arceo, ao arqueólogo baionés Xosé Lois Vilar Pedreira, así como ao profesor e crítico literario Amado Ricón Virulegio. Aquí vos deixamos a reportaxe desta xornada en Redondela:

0 comentarios:

Publicar un comentario