TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 oct. 2008

Xavi Díaz, un rosaleiro na mellor Liga do Mundo de Balonmán, a ASOBAL

Segundo información remitida a Noticiasorosal, o sensacional momento de forma de Xavi Díaz convírteno no porteiro nacional coas mellores estatísticas da Asobal. O rosaleiro é un dos responsables do gran inicio do Octavio Pilotes Posada e está chamado a ser un dos aspirantes á praza vacante que deixou David Barrufet. Homes como Iñaki Malumbres (Arrate), José Manuel Sierra (Valladolid) e o serbio, recentemente nacionalizado español, Sterbik (Ciudad Real) serán os principais rivais por ese posto.
Xavi Díaz presenta a segunda mellor porcentaxe de paradas cun 38% sendo tan só superado polo veterano Thomas Svensson (41%), aínda que o do Portland xogou menos minutos e presenta 37 paradas totais, por 59 do noso veciño.
Con estes números é normal que se abra o debate sobre a súa inclusión na selección nacional. Agardemos que o novo adestrador, o ovetense Javier García Cuesta, o convoque e axiña poidamos ver ao noso rosaleiro Xavi Díaz defendendo os colores do combinado español de balonmán. (Fotografía: Atlántico.net)

0 comentarios:

Publicar un comentario