28.10.09
O pasado domingo 18 de outubro celebrouse a I Marcha en BTT Serra da Groba Sur organizada polos Concellos da Guarda e do Rosal en colaboración co Club Ciclista Guardés e o Club Ciclista O Rosal.
O recorrido presentaba unha dificultade media xa que os participantes percorreron 35 km en gran parte por pistas da serra da Groba. Iniciouse o percorrido na rúa Transversal Troncoso da Guarda e continuou cara a subida ao Torroso, Pico da Bandeira, Alto da Portela, A Valga, capela de San Martiño, Muíños do Folón e do Picón e O Rosal.
Aquí, na praza do Calvario agrupáronse os participantes para avituallarse antes de continuar novamente en dirección á Guarda pola capela de Santa Ana, Sandián, Pancenteo e A Gándara. Tamén se entregaron distintos agasallos aos dous clubs colaboradores.
Entre os inscritos estivo o ciclista profesional rosaleiro, Serafín Martínez, do equipo Xacobeo Galicia (na fotografía con varios participantes nesta I Marcha en BTT).
0 comentarios:
Publicar un comentario