TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

22 oct. 2009

Cruz Roja e Anabam unidos polo Medioambiente

Cruz Roja Baixo Miño coa colaboración da asociación ecoloxista Anabam porá en marcha o proxecto "Moviéndonos por el Río", que ten como obxectivo principal contribuír á conservación e recuperación do río Miño a través da concienciación e a educación ambiental dos cidadáns. Para a posta en marcha deste proxecto, financiado polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, crearanse equipos de voluntarios que realizarán accións formativas, así como evaluacións e diagnósticos do Miño, que favorezan e contribúan á conservación do río.
Accións de formación e intervención
Durante a campaña, que se extenderá entre os meses de novembro e decembro, se realizarán accións formativas e de intervención directa sobre o río. Nas primeiras xornadas, técnicos da asociación ecoloxista Anabam e de Cruz Roja explicarán as peculiaridades das nosas ribeiras, así como as ameazas que sofren as especies autóctonas da zona. Durante as seguintes xornadas, o equipo de voluntarios procederá, entre outras cousas, a recoñecer as características da fauna e flora da zona, a limpeza das marxes do río (tanto de especies foráneas como de residuos que poidan existir), transplantar as plantas autóctonas en perigo de extinción e a realizar medicións da calidade da auga.

Información sobre o proxecto
Todos os interesados poden achegarse á Casa da Xuventude de Tui o próximo luns, 26 de outubro ás 19 horas, onde as persoas responsables do proxecto explicarán e presentarán esta nova actividade que se desenrolará no Baixo Miño.

O noso compromiso
Esta iniciativa surxe do compromiso de Cruz Roja Española cos colectivos máis vulnerables e que se plasma nunha das súas liñas de actuación máis relevantes, promover a educación e a dimensión ambiental en todas as áreas de actuación de Cruz Roja como eixe transversal e de acción indirecta para reducir a vulnerabilidade e mellorar a calidade de vida das persoas, segundo o Plan de Acción de CRE 2007/11 e os dictámenes aprobados pola IV Asamblea General de Cruz Roja Española (2007)

0 comentarios:

Publicar un comentario