TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 feb. 2015

O rosaleiro Sergio R. Rodríguez "Trinta" crea a Liga de Fútbol de FIFA 15


O emprendedor rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta", xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños, sito no lugar da Gándara (Salcidos-A Guarda) vén de crear a Liga de Fútbol de FIFA15 para todas as idades e públicos.


A competición, que se xogará na plataforma PlayStation3, con premios segundo inscricións, comezará este venres 6 de febreiro, sendo o último día para anotarse o mércores día 4 ás 21:00 horas no local, cando se realice a presentación e os sorteos dos equipos.

En palabras de Sergio "Trinta" -organizador da Liga- a Noticias O Rosal, "queremos que los que se apunten se lo pasen genial con uno de nuestros juegos preferidos de siempre, el Fifa. Animo a pequeños y mayores a venir a conocernos y pasar un buen rato aquí, en Os Seixiños".

¿Como anotarse? A inscrición para todo o campionato é de tan só 5 €. Se tes algunha dúbida ou queres máis información, pásate polos "Seixiños" ou chama ao teléfono 986 61 01 39.

0 comentarios:

Publicar un comentario