TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

25 abr 2014

O 10 DE MAIO, XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”


A XIV Andaina “Val do Rosal. O Paraíso dende as alturas” do programa deportivo-cultural “O Rosal. Coñece o teu concello” que estaba prevista para o 26 de abril, aprázase por mal tempo, en principio, ata o vindeiro sábado 10 de maio de 2014.

Nesta ocasión percorreranse os montes do Campo do Couto, subindo ao punto máis alto e estratéxico da vila, onde se poderá disfrutar dunha impresionante e marabillosa paisaxe cara ao Val do Rosal e á desembocadura do río Miño.

Igualmente visitaranse algúns dos últimos petróglifos descubertos –de época histórica-, en concreto un grupo de gravados cruciformes, moi preto da “Fonte do Home”, no lugar das Cortes, que datan dos séculos IV-V despois de Cristo.


A distancia total da andaina será duns 12 km aproximadamente, de dificultade media e cunha duración aproximada de 3 horas.

Como de costume, a saída terá lugar ás 15:30 horas. O punto de partida e de estacionamento dos vehículos será o Alto da Portela (xuradía de Marzán).

A andaina está organizada polo Concello do Rosal e ao igual que as anteriores, estará guiada por Juan Ramón Martínez Barbosa, que ofrecerá as correspondentes explicacións históricas durante todo o percorrido e nos desvelará algúns dos curiosos segredos e lendas destes fermosos enclaves.

Para apuntarse a este percorrido -inscrición gratuíta- e para máis información, poden achegarse ata o Concello ou chamar ao 986 62 50 00, deixando nome e apelidos así como un teléfono de contacto.

0 comentarios:

Publicar un comentario