TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 abr. 2012

CONCURSO PARA O CARTEL ANUNCIADOR DA XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2012

Tal e como se pode ler na súa web, o Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os produtos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XX Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas.



BASES

1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro.

2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador.

3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimase.

4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina de 44 cms. de ancho por 64 cms. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en soporte ríxido que permita a súa exposición.

5.- No que atinxe á temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor. Deberanse incluir necesariamente os seguintes textos: XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 13, 14 e 15 de xullo de 2012. O cartel non poderá levar inserido ningún logotipo.

6.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e apelidos do autor, DNI ou NIF, enderezo e teléfono de contacto.

7.- Os traballos deberán ser presentados no Centro Social Polivalente (Rúa Cabaqueiros nº 4 - 36.770 O Rosal) na instancia facilitada ó efecto coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XX Feira do Viño. Concello do Rosal” onde constarán exclusivamente o pseudónimo, o teléfono e a data de presentación.

8.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 9 de MAIO de 2012 ás 13:00 horas.

9.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno.


10.- Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será inapelable, e farase pública antes do día 17 de maio. A entrega do premio realizarase no momento e xeito que se estimara.

11.- O Concello do Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo.

12.- A retirada dos traballos presentados deberá efectuarse durante o mes de xuño de 09:00 a 13:00 perdendo os dereitos sobre os mesmos en caso de non facelo.

13.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases.

0 comentarios:

Publicar un comentario