TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 abr. 2012

HOXE, 7 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE



Asociación Érguete Baixo Miño
 
Con motivo do Día Mundial da Saúde 2012, A Asociación Érguete Baixo Miño únese á Campaña da OMS na que nos presenta algunhas persoas de idade en todo o mundo, lonxe dos estereotipos que polo xeral pesan sobre elas.

Recomendamos que se adopte un estilo de vida saudable ao longo de todo o ciclo vital, co fin de preservar a vida, manterse san e paliar a discapacidade e a dor na vellez. Os ambientes adaptados ás necesidades das persoas maiores, a prevención, a detección precoz e o tratamento de enfermidades melloran o benestar dos maiores.

Na campaña do Día Mundial de la Saúde deste ano, a OMS desexa ir más aló da labor de sensibilización para promover accións concretas e un cambio positivo. Esta campaña ten como obxectivo conseguir a participación de toda a sociedade –as instancias normativas, os/as políticos, os/as maiores e a mocidade – co fin de:

· Adoptar medidas destinadas a crear una sociedade que recoñeza o valor das persoas maiores e a súa achega, e lles permita participar plenamente.

· Contribuír a protexer e mellorar a saúde da poboación a medida que envellece.

Lanzarse de cabeza dende as grandes alturas é a paixón de Helmut Wirz, de 87 anos (na imaxe). Este farmacéutico xubilado descubriu o salto con corda elástica (bungee-jumping) cando tiña 75 anos, «Cando estou aí, suspendido, síntome completamente en calma», comenta, a pesar de que só o sostén unha corda elástica atada nas pernas.
 
Máis información desta campaña en:

0 comentarios:

Publicar un comentario