TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 dic. 2011

OS CAMPELOS VOLVEN EN NADAL. POR CUARTO ANO CONSECUTIVO ACTUARÁN NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL



Por cuarto ano consecutivo, o popular dúo humorístico rosaleiro “Os Campelos” (Francisco Rodríguez Fernández e Roberto Fernández Rodríguez), actuarán nestas datas de Nadal no Auditorio Municipal.

O evento celebrarase o domingo 18 de decembro, ás 18:00 horas. No caso de completar o aforo -que é de 342 persoas- e que será o máis probable, habería unha segunda función ás 20:00 horas.

Na imaxe, Paco e Roberto durante un sketch, na súa actuación do ano pasado, onde non puideron evitar -nin eles mesmos- chorar da risa.

Sen dúbida, unha boa oportunidade que nos ofrecen Os Campelos para esquecernos da crise, dos malos momentos e pasalo, aínda que sexa por unhas horiñas, realmente ben.

0 comentarios:

Publicar un comentario