TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

1 sept. 2010

Carta aberta a todos os nosos lectores/as


O Rosal, 1 de setembro de 2010.

Estimados lectores e lectoras:

Debido ás nosas últimas e distintas ocupacións, non nos é posible actualizar Noticias O Rosal coa asiduidade á que vos tíñamos acostumados. Sentímolo moito, pero estamos desbordados de traballo, así que intentaremos ir publicando pouco a pouco, en canto poidamos, as múltiples reportaxes que aínda hai pendentes... 

Iso si, non vos preocupedes que non nos esquecemos, e sexa cando sexa, saírán á luz. 

Dende que comezamos con esta "historia" de Noticias O Rosal -hai case dous anos e medio- consideramos que o realmente importante de ter un blog ou unha páxina na rede destas características (cultural, turística, galega... e que aínda así chega a tanta xente en todo o mundo) é precisamente recoñecer os méritos dos nosos veciños, os seus éxitos, o seu traballo, que non se esquezan certas actividades e acontecementos que ocorren ou ocorreron ao noso redor.

Queremos -e non nos cansaremos de repetilo- simplemente aportar un gran de area máis á cultura, á sociedade rosaleira e do Baixo Miño.

Podemos dicir orgullosos e abertamente que non recibimos "un duro" de ningunha entidade, non temos intereses económicos ou "ocultos", nin dependemos de ningún organismo, oficial ou non.

Somos simplemente un equipo de libres "tol@s entusiastas" que sinten un intenso amor pola vila que (na súa maioría) os viu nacer. 

Graciñas a todos e todas, lectores e lectoras da web, porque sen vós "isto" non tería sentido.

E como sempre lembramos... calquera aclaración, comentario, idea, envío de información, notas de prensa, ou relativo a fotografías ou colaboracións... o que sexa... comunicádevos inmediatamente sen problema con nós nestes correos e teléfono:

637 311 007

¡Saúdos!

Atentamente,

A Dirección
Noticias O Rosal

0 comentarios:

Publicar un comentario