TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

10 ene. 2010

Os Reis Magos de Oriente tamén estiveron no Rosal

O martes 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente foron recibidos na Praza do Calvario polo alcalde Jesús Mª Fernández Portela, a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, así como polo seu “contacto eterno” José Martínez González (Pepe Berdeal) un dos grandes impulsores da Cabalgata e amigo persoal dos Reis. Jorge, o condutor do minibus do Concello, foi o encargado de transportar xa de mañá ás Súas Maxestades por todo O Rosal, facendo na gardería de Pías ou no Convento das HH. Carmelitas da Bouzada unhas simpáticas e emotivas paradas. Máis de 50 quilómetros para percorrer todas as parroquias rosaleiras transmitindo unha mensaxe de paz, ledicia e ilusión a pequenos e maiores. Mentres, no Calvario, a compañía teatral “Os Sete Magníficos +1” presentaban o espectáculo “Dous paiasos en apuros”, que fixeron as delicias do público, ata que ás 17:30 horas chegaban de novo á Praza os Reis Magos. Libros adecuados para as idades dos nenos e nenas así como bolsas de lambetadas foron os obsequios elixidos polas SS. MM para recibir e agasallar aos máis pequenos, que un tras un ían facendo as súas peticións e por suposto comentando que se portaran moi, pero que moi ben durante todo o ano. O Concello do Rosal para agradecer a presenza dos Reis Magos e do público en xeral nesta data festiva, obsequiou a todo o mundo cunha gran chocolatada final.

0 comentarios:

Publicar un comentario