TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 jun. 2013

O ROSAL CELEBRA AS FESTAS DO PILAR E DE SANTA ANA (DO 20 AO 27 DE XULLO)




O Rosal celebra as GRANDES FESTAS DO PILAR E DE SANTA ANA 2013 dende o 20 ao 27 de xullo.

O sábado 20, a partir das 21 horas terá lugar o XX Encontro dos Pobos no Auditorio Municipal, con desfile dende a Praza do Calvario. Actuarán os grupos: Reuzegam de Leuvem (Bélxica), Kud Klek Ogulin (Croacia) e Do Lusco ó Fusco (A Guarda).

FESTAS DO PILAR

O mércores 24, a partir das 22:30 horas, verbena amenizada polo Grupo A Oca, que interpretará o pasodobre "Vila do Rosal" e pola Orquestra Alegría.

O xoves 25 de xullo, ás 12 horas, Misa Solemne cantada pola Coral Ecos do Folón. Xa ás 21 horas, concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal na Praza do Calvario. A continuación, Karaoke Disco Show.


FESTA DE SANTA ANA

O venres 26, ás 12 horas, Misa na capela de Santa Ana. A continuación, actuará o grupo de gaitas Airiños do Folón. A partir das 21:00 horas, concerto de música folk cos grupos Xistra de Coruxo e Deixandar na Praza do Calvario.

O sábado 27, ás 22:30 horas, proxección da película O Apóstolo na Praza do Calvario (en caso de choiva proxectarase no Auditorio Municipal).

EXPOSICIÓNS

A Sala de Exposicións do Concello do Rosal acollerá diferentes mostras dende o 19 ao 28 de xullo.

Pintura do Grupo Impás
Esculturas de José Luis Rodríguez Correa
XX Mostra Numismática e Filatélica do Grupo "Val do Rosal".

Horario:
De luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:30 e de 20 a 22 horas.


0 comentarios:

Publicar un comentario