Convocouse a V edición do Certame fotográfico "VIAXANDO", que está organizado polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, Porriño e a Casa da Xuventude de Tui.
Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. A temática responderá ao título do Certame “VIAXANDO”.
As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4.
Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita. A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e, de ser o caso, o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará novamente o pseudónimo do autor/a recollendo no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI.
As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o venres 30 de setembro de 2011.
Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores, inaugurándose oficialmente na OMIX de Baiona o luns 17 de outubro de 2011 ás 20 horas.
O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que se delegue. O fallo do xurado farase público o 10 de outubro de 2011. Difundirase o fallo nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada.
A fotografía premiada quedará en propiedade do Concello organizador. O xurado poderá declarar deserto o premio.
Concederase un único premio consistente nunha fin de semana para dúas persoas nunha Casa Rural de Galicia, dentro do programa “Outono gastronómico” de Turgalicia.
A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.
Na fotografía retrospectiva, de esquerda a dereita, a responsable da OMIX do Rosal, Silvia Baquero Pereira; o da OMIX de Salceda, Humberto Rey; a gañadora de 2008, a rosaleira Mª Esther Álvarez e a concelleira de Mocidade de Salceda, Teresa Pérez.
0 comentarios:
Publicar un comentario