TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

20 feb. 2014

MÁIS DE 600 ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS



Este sábado 22 de febreiro levarase a cabo o Campionato Galego de Campo A Través para persoas con discapacidade no Camping de Salcidos (A Guarda) a partir das 10.30h.

Participarán 130 atletas dos seguintes clubes: Aceesca (Porriño), Aspanaex (Vigo), Asdán (Vigo), Esclavas (Mos), Juan XXIII (Pontevedra), Racing Chapela (Redondela), Os Helenos (Monforte) e San Xerome (A Guarda).

Como novidade, cabe destacar que se realizará de forma conxunta co Campionato Provincial de Cross escolar Xogade da Xunta, cun total de 600 deportistas, nas categorías cadete, infantil, alevín e benxamín.

Onte foi a súa presentación oficial en San Xerome, onde se ultimaron os detalles para que esté todo listo para o sábado. Coa presenza do Delegado Provincial da Xunta de Galicia, o alcalde da Guarda, o alcalde do Rosal, e membros de San Xerome e diferentes clubes deportivos do Baixo Miño destacouse “a importancia por apostar polo deporte recreativo, ese que nos fai mellores persoas”.

Organiza: Secretaría Xeral para o Deporte, FEGADDI, S. Xerome e S.A. do Trega. Patrocinan: Deputación Provincial,  Concellos da Guarda e do Rosal.
Colaboran: BRILAT, Camping Santa Tecla, Coca Cola, Gadis, Froiz, Agua Sana e Eurobanan.

0 comentarios:

Publicar un comentario