TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

1 feb. 2014

UN RAPAZ DO ROSAL PARTICIPA NO CONCURSO MOVISTAR REAL CHALLENGE



O rosaleiro Diego Álvarez Fernández, que na actualidade se atopa en Madrid preparándose para obter o título oficial de Técnico Deportivo, participa no concurso "Movistar Real Challenge".

Trátase dun desafío, organizado por Telefónica Móviles, no que Diego intentará conseguir unha das 16 prazas que dará dereito a entrenar no Santiago Bernabéu e xogar posteriormente un partido no céspede do mesmo estadio. Está confirmada a participación de oito xogadores da primeira plantilla do Real Madrid.

Para lograr este obxectivo, aparte dos diferentes retos que terá que superar pola súa conta, podemos axudar a Diego votando por el na súa ficha persoal. A operación é sinxela e gratuíta.


En declaracións a Noticias O Rosal hoxe, de tarde, Diego confesábanos que "son consciente de que é moi difícil por non dicir que imposible, pero hai que intentalo. Sería un soño como afeccionado do Real Madrid, do fútbol e do deporte poder adestrar e xogar no Bernabéu".

Así mesmo Diego, sabedor de que cada un é dun equipo, sorrindo, convida a votar "sen ver as cores, porque se non..." 

¡Dende Noticias O Rosal, todo o noso apoio e moita sorte, Diego!

Anímate e vota por Diego Álvarez Fernández aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario