TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 abr. 2013

NOITE DE HUMOR CON CARLOS BLANCO E CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL




Informa: Monserrat Domínguez Otero / A.Musical
Despois das vacacións de Semana Santa e aínda co bo sabor de boca que nos deixou o concerto do grupo de percusión ODAIKO "espectaculares", informámosvos dos actos que a Agrupación Musical do Rosal ten organizados para esta fin de semana.
 
Sábado 6 de abril, 22 h, Auditorio do Rosal. Noite de humor con CARLOS BLANCO
Actor cunha ampla traxectoria teatral, tamén como actor, director, guionista. É un dos actores galegos de televisión máis coñecidos. Durante dez anos foi presentador da Radio Galega e traballou en multitude de programas e series de televisión galegas e nacionais, como Mareas Vivas, Luar, Lobos...

A súa estrea no mundo do cine veu da man de Antón Reixa "O lápis do carpinteiro", Patricia Ferreira "O alquimista impaciente" e un dos seus últimos traballos foi unha pequena colaboración en "Volver" de Pedro Almodóvar.
Foi finalista dos monólogos do Club da Comedia e con espectáculos deste xénero leva recorrido con enorme éxito toda a xeografía galega.
Entrada anticipada: 5 € , entrada en taquilla: 6 €


 
Domingo 7 de abril, 18,30 h. Auditorio do Rosal. Concerto da banda Agrupación Musical do Rosal  baixo a dirección de Marcel van Bree, que interpretará un programa con obras de diferentes estilos como Music for a festival, Mexican Pictures, La leyenda del beso, An Irish Rhapsody ou Palindromía Flamenca.
Entrada de balde, ata completar aforo.

 
Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e nos acompañedes.



0 comentarios:

Publicar un comentario