TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

19 ene 2009

Xa está aquí Xuventude Galiza Net 09

Dende a Oficina de Información Xuvenil do Rosal que dirixe Silvia Baquero Pereira comunícannos que se abre o prazo de preinscrición para unha nova edición de Xuventude Galiza Net. O evento informático máis grande de Galicia chega á súa décima edición con grandes novidades. Para comezar, Xuventude Galiza Net cambia de localización e pasa de celebrarse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia ao Multiusos Fontes do Sar. Isto permite que o 2009 case o dobre de mozos que o ano pasado poida desfrutar de tres días ininterrompidos rodeados de cables, ordenadores e consolas. Celebrarase a primeira edición do Concurso Internacional de Robótica, en colaboración coa organización Ieee, e mesmo contarase co embaixador de Lego, que traerá unha morea de construcións feitas co deseñador dixital de Lego (entre elas, por exemplo, a estrela da morte de Star Wars). O software libre tamén terá unha presenza destacada con actividades, obradoiros e relatorios que se están a concretar no momento en que se redacta esta noticia, e mesmo poderase encontrar traballo se estás buscando, xa que vaise contar con varios representantes das principais empresas que estarán dispostos a recoller o currículo dos participantes. As inscricións formalizaranse en www.xuventudegaliza.net.

0 comentarios:

Publicar un comentario