TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

18 jul 2010

Emilio Flores, In Memoriam. Capítulo II


Despois da breve introdución que realizamos dende Noticias O Rosal, seguimos con esta pequena homenaxe a Emilio Flores.

Comezamos o segundo capítulo da súa biografía.

Emilio, cabo provisional, por X.M.T.
Despois de cinco meses, como pediran voluntarios a fin de escoltar un batallón de prisioneiros de guerra, Emilio presentouse. Previas probas, foi nomeado "Cabo Provisional", para ser destinado a Cuenca.

De aquí saliu para Huesca, Estación de Arañones, en Jaca, formando parte da mesma escolta, para o control dos prisioneiros que traballaban na Fortificación de los Pirineos, onde estivo 18 meses. Logo, estaría tamén, na custodia do campo de concentración Miguel de Unamuno, en Atocha (Madrid, 1941).

E, por último, destinado a Melilla, onde se licenciou. Como curiosidade lembrar que entre os seus compañeiros Emilio era coñecido polo "Cabo Pequeno", e como os demais escoltas naquel tempo, lembraba que tiña dereito a "ración doble" e cobraba 1'35 pesetas.

Ao seu regreso de África, foi á parroquia de Belesar, en 1942, chegando coas temidas quenturas (paludismo).

Aproveitando as visitas á familia no Rosal, asiste aos bailes de Fornelos, entre eles, a La Flor, propiedade de Generoso Álvarez (O Sueiro). Alí coñece á súa muller, Emilia Pérez Dorado, de Cruces, celebrándose o seu matrimonio o 25 de abril de 1945. Desta relación tiveron cinco fillos.

Continuará. Próximo capítulo: Emilio, gaiteiro.

0 comentarios:

Publicar un comentario