TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

13 ago 2008

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño inicia os seus campamentos urbanos

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño que preside Paulino Baz Martínez (na fotografía) comeza o próximo luns 18 de agosto e como broche final ao período estival, os seus campamentos urbanos de verán en Santa María de Oia e A Guarda. En Santa María de Oia se realizarán os días 18, 19, 20 e 21 de agosto no patio do CEIP Mestre Manuel García e na Guarda os días 25, 26, 27 e 28 de agosto no patio do CP A Sangriña. Segundo nos informa Neli Rodríguez, coordinadora da Asemblea, estes campamentos están dirixidos a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos da comarca do Baixo Miño e como sempre a súa inscrición é gratuita. O obxectivo principal dende Cruz Vermella é chegar a un número máis amplo de usuarios e detectar novas necesidades para futuras intervencións, inquedanzas de voluntarios, etc. Pretenden desenrolar dunha forma educativa e sana o aspecto físico, intelectual e afectivo dos menores, así como promover a adquisición de hábitos, valores e conductas positivas respecto da vida grupal e a convivencia. Enfatizar na autonomía, a empatía e en xeral o desenvolvemento integral dos menores. En definitiva queren lograr que os mozos e mozas aprendan outras formas de divertirse máis sanas e menos costosas e amosarlles que o obxectivo máis importante do xogo non é outro que a diversión. Para poder inscribir aos nenos e nenas ou solicitar máis información, os interesados poden dirixirse á seguinte dirección e teléfonos: Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 baixo (ao lado da igrexa parroquial) Tlf: 986 61 46 09 e 606 34 84 71

0 comentarios:

Publicar un comentario