TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

22 ene. 2014

MISA DE ANIVERSARIO NO ROSAL E HOMENAXE NA GÁNDARA A TRINTIÑA




O sábado 25 de xaneiro, ás 10:30 horas, terá lugar na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal a misa de aniversario na honra e lembranza do mestre cabaqueiro Manuel Rodríguez Martínez, máis coñecido por "Trintiña".

Igualmente, A Gándara (A Guarda) acollerá este mesmo sábado unha homenaxe a Trintiña organizada polo seu neto, Sergio Rodríguez Rodríguez, xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños.


O evento consistirá nunha demostración na terraza do local de "taxicar cabacas e toupos a joucha" (facer tellas e ladrillos a man), así como na proxección de fotografías e vídeos inéditos dun dos más coñecidos telleiros do Baixo Miño.

Polo tanto, a partir das 17:30 horas, os cabaqueiros Buraco, Esteban, Piedra e compañía amosarán ao público que se achegue ata Os Seixiños algúns dos segredos deste artesanal oficio, hoxe practicamente desaparecido.


¡Dende Noticias O Rosal, o noso máis sentido recordo e admiración para Trintiña! Confirmamos xa a nosa presenza o sábado 25 de mañá, na misa, e de tarde, na homenaxe que se lle tributa na Gándara.

0 comentarios:

Publicar un comentario