FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 may 2011

A rosaleira María F. García Orduna, do San Xerome, Campiona de España

MARIA F. GARCÍA ORDUNA, DO CLUB SAN XEROME, CAMPIONA DE ESPAÑA DE LANZAMENTO DE DISCO E XAVELINA O Campionato tivo lugar esta fin de semana nas pistas do Complexo Deportivo Bahía Sur de San Fernando (Cádiz), organizado pola Federación Española de Deporte para Persoas con Discapacidade Intelectual (FEDDI). Participaron un total de 51 clubs e 291 atletas de todo o estado español. San Rafael, Chapela e Aspanaex (Vigo), e o San Xerome (A Guarda)...

30 may 2011

Cruz Roja entregará os premios do concurso "¡Conserva nuestros ríos!"

Informa Neli Rodríguez. "Cruz Roja Baixo Miño con la colaboración del CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal y dentro del proyecto Movéndonos polo Río Miño” convocó el pasado 4 de mayo el primer concurso de dibujo infantil denominado “Conserva nuestros ríos”, dirigido a los alumnos de primaria del CEIP Mestre Manuel García. Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan en colaboración con el Ministerio de Medio Ambiente...

A Festa da Bicicleta do Rosal volveu a reunir a centos de participantes

Velaquí vos deixamos a primeira parte da reportaxe fotográfica que realizamos con motivo da Festa da Bicicleta que se celebrou o pasado sábado 28 de maio no Rosal...

29 may 2011

O Club Ciclista O Rosal organiza o XX Trofeo Pista das Faias (Tabagón)

O Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores, organiza o vindeiro sábado 4 de xuño, a partir das 17:00 horas, o veterano e recoñecido Trofeo Pista das Faias, xa na súa XX edición. Segundo se pode ler na súa web, "comezará a competición coa Ximcana da categoría Benxamín, á que seguirán os Alevíns, Infantís e para rematar a tarde de ciclismo serán os Cadetes os que pecharán este XX Trofeo Pista das Faias". Dende o club da vila...

A próxima andaina, a "Ruta das Pesqueiras", terá lugar o sábado día 4

Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica da quinta etapa do programa “O Rosal. Coñece o teu concello”, que se celebrou o pasado sábado 14 de maio. A andaina levou aos participantes a visitar -entre outros lugares- a Aula da Natureza das Aceñas, a Ponte do Tamuxe, percorrer o barrio de Pías ou mesmo entrar na capela de San Gregorio. A seguinte cita será este sábado 4 de xuño, coa "Ruta das Pesqueiras". Para apuntarse nesta etapa ou...

Cruz Roja e o San Xerome controlarán o martes a calidade da auga en Eiras

Vista das Eiras dende o adro da capela da Magdalena, co río Miño e Portugal ao fondo Os voluntarios de Cruz Roja do proxecto "Moviéndonos por el Río" realizarán medicións da calidade da auga cun grupo de alumnos do CEE San Xerome Emiliani. Todas estas actividades se realizan dentro da "Estrategia de Restauración de Ríos del MARM". Velaquí vos deixamos íntegra e literalmente a nota de prensa que foi remitida á nosa Redacción: "El...

O San Xerome ascende o cume de Pena Trevinca, o teito de Galicia

Texto: Roberto Miranda Verísimo (responsable técnico da actividade)Fotografías: San Xerome O San Xerome, representado por 17 persoas (usuarios, voluntarios, familias…) acada a cima de Galicia o 21 de maio de 2011, coa colaboración do Concello de Tomiño. Eran sobre ás 12:30h da mañá cando o grupo chegou ó punto máis alto de Galicia (…e de Zamora) logo de camiñar 4 horas e media. Todo empezaba o día anterior, venres, cando as 15:00h saímos en...

Dez medallas para o Club San Xerome no Campionato Galego de Atletismo

O deportista Borja Cadilla, un dos triunfadores do día, xunto cun dos seus adestradores,Roberto Martínez, antes da saída da proba de 400 m. lisos Dez deportistas do Club San Xerome, participaron o día 18 de maio no Campionato Galego de Atletismo celebrado en Vilagarcía. Extraordinarios resultados, froito dun intenso traballo dos deportistas e dos seus adestradores (non tiveron vacacións nin de Nadal, nin de Semana Santa…) Conseguíronse un total...

26 may 2011

A cantante María do Ceo actuará o sábado 4 de xuño no Auditorio do Rosal

A coñecida cantante María do Ceo ofrecerá un concerto o sábado 4 de xuño ás 21:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal. Esta actuación está dentro do programa para conmemorar o 175 aniversario da constitución da Deputación de Pontevedra, no ano 1836. A entrada será libre ata completar o aforo (342 persoas). María do Ceo, artista luso-galaica, segundo a súa propia biografía, é “fado en estado puro”. Está considerada a sucesora de Amalia Rodrigues,...

Alumnos/as do CPI da Ribeira (O Porriño), fan a ruta guiada polos Muíños

O martes 24 de maio -e previo contacto co departamento de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano- tivo lugar unha nova ruta guiada polos 67 muíños do Folón e Picón. Desta vez foi un pequeno grupo de nenos/as do Plan PROA do CPI da Ribeira (O Porriño), acompañados dous seus profesores, Mª del Mar e Benito, quen descubriron grazas ás oportunas explicacións do guía municipal, todos os segredos histórico-etnográficos que envolven aos nosos lexendarios...

18 may 2011

Primeiro artigo da autoría de Manuel Sobrino Senra para Noticias O Rosal

No deja de ser curioso, o cuando menos paradójico, que mientras en España presumimos de ser un país integrador en lo que se refiere al trato con personas con algún tipo de discapacidad física, yo mismo he sufrido y padecido en mis propias carnes, a lo largo de 24 años de vida, muchas situaciones incómodas, que ponen de manifiesto la tremenda hipocresía que existe con respecto a este tema. Situaciones que demuestran que no es oro todo lo que reluce,...

Iván Maceiras, 6º en Canarias e novamente seleccionado con Galicia

Informa Sergio Rodríguez Teixeira Iván Maceiras, 6º en Canarias, e novamente seleccionado con Galicia, esta vez coa categoría xuvenil. Bo papel de Iván Maceiras no Campionato de España de probas combinadas por federacións, onde conseguiu quedar en 6º lugar coas seguintes marcas: 11.68 (100 ml), 6.33 (salto de lonxitude), 10.40 (lanzamento de peso), 54.48 (400 ml), 16.43 (110 mv), 27.84 (xabalina) e 3.14.47 (1000 ml), para un total de 4614...

Unha viaxe polos acontecementos e as novidades do Centro San Xerome

Velaquí vos deixamos unhas noticias breves, unha viaxe polos acontecementos das últimas semanas e as novidades dos próximos días do San Xerome. • Asemblea xeral de socios. Aprobáronse as contas cun saldo favorable de 900 €, sendo os gastos anuais de 1 millón seiscentos mil €, nunha entidade da que dependen 120 usuarios e máis de 60 traballadores. Os presentes ratificaron a Xunta Directiva presidida por Asunción Dacuña Pacheco e manifestaron o apoio...

16 may 2011

Actuacións musicais, cultura e gastronomía no Día das Letras Galegas

O martes 17 de maio celébrase un ano máis o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á figura de Lois Pereiro, escritor e poeta de Monforte de Lemos (Lugo). Este Día, a Agrupación Musical do Rosal e o Concello organizan unha serie de actividades músico-culturais, que a bo seguro estarán ben acompañadas da nosa exquisita gastronomía (tapas tradicionais e caseiras cos recoñecidos viños do Rosal). ¿Que máis se pode pedir? A cita,...

15 may 2011

Iván Rodríguez Maceiras, en Canarias, convocado coa Selección Galega

Iván, no acto de Recoñecemento ao Mérito Deportivo o pasado febreiro no Auditorio Informa Sergio Rodríguez Teixeira // O Rosal Os bos resultados de Iván Rodríguez Maceiras, polivalente atleta rosaleiro, na modalidade de probas combinadas, fixeron que a Selección Galega apostara por el para o Campionato de España de Federacións que se celebra este fin de semana en Arona (Canarias). Xunto a Galicia enfróntanse Cataluña, Valencia e Canarias....

Nuria Martínez e Eric Barceló disputaron o Campionato de España de Judo

O pasado sábado 7 de maio celebrouse en Formentera (Illas Baleares) o Campionato de España Cadete de Judo no que participaron dous judokas do Rosal, Nuria Martínez Lomba e Eric Barceló Rodríguez.  Ambos os dous pertencen ao Club de Judo DO-MAJO, formando parte da expedición da Selección Galega. Xunto a eles estivo a súa adestradora, Mónica Pacheco, técnica tamén da mencionada selección. En categoría de -52 kg, Nuria, tras gañar o seu...

Ten lugar no Rosal a campaña de fomento da lectura "Eu leo, e ti?"

Grazas a unha iniciativa das mestras responsables da Biblioteca do CPI Manuel Suárez Marquier, ponse en marcha esta campaña de fomento da lectura, destinada fundamentalmente a lectores adultos, en colaboración coa concellaría de Cultura do Rosal. Preténdese achegar os libros a toda a cidadanía, para poder disfrutar da lectura no tempo de lecer, na casa ou mesmo en establecementos públicos. Trátase de que os libros “rulen” e percorran a vila. Un...

14 may 2011

Exposición no Rosal de "Un mar de mulleres" GAC Ría de Vigo - A Guarda

Desde o 14 ata o 20 de maio do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona GAC Ría de Vigo – A Guarda, no Concello do Rosal. Ademais, o luns 16 de maio de 2011, terá lugar as 20:00 horas a celebración da Xornada “Un Mar de Mulleres” organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo -A Guarda (GAC 7), no salón de exposicións do Concello do Rosal. Esta idea xurdiu na Mesa da Muller do...

O Rosal celebra as Festas de San Isidro, patrón dos agricultores

A procesión chegando ao adro da igrexa parroquial (2010) O sábado 14 de maio comezaron as Festas de San Isidro coa actuación das orquestras Saudade 73 e o grupo Kamelot. O domingo, ás 10 da mañá fará a súa entrada o grupo A Boalleira, de A Gándara. Ás 12, Misa Solemne con Sermón e Procesión. Xa ás 19:00 horas, presentación da orquestra Poceiro de Pontevedra. A Gran Subasta de produtos típicos da terra terá lugar ás 8 da tarde para seguidamente...

ACOR organiza a VII Feira de Oportunidades na Praza do Calvario

Detalle da Feira celebrada o pasado ano 2010 A Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR), que preside José Martínez González (Pepe Berdeal), organiza o vindeiro 15 de maio a VII Feira de Oportunidades que terá lugar na Praza do Calvario. A Feira estará aberta dende as 10 da mañá ata aproximadamente as 8 da tarde, coa participación de quince establecementos que porán á venda produtos de calidade: confección, librería, confitería, bisutería,...

11 may 2011

Xa se pode visitar a exposición de libros do mundo na Biblioteca Municipal

O martes 10 de maio chegaron á Biblioteca Municipal do Rosal 15 mochilas cheas de libros de todo o mundo. Un total de 152 contos escritos en 35 idiomas, incluída a linguaxe braille, entre eles: danés, chinés, árabe, italiano, francés, esloveno, checo, etc, estarán con nós do 10 ao 18 de maio. Poderemos disfrutar deles en horario de apertura da biblioteca, de luns a venres de 4 a 8 da tarde. Esta colección é propiedade do CRA Mª Zambrano e despois...

5 may 2011

A andaina de maio aprázase ata o sábado día 14 por previsión de mal tempo

A andaina de maio correspondente ao programa “O Rosal. Coñece o teu concello” que debería celebrarse este sábado, aprázase por previsión de mal tempo, ao seguinte, día 14. Tamén por petición da maioría dos participantes, o horario seguirá sendo o mesmo que nas anteriores etapas (15:30 h). Polo tanto sairase a esa hora dende a Praza do Calvario para visitar –entre outras- a Aula da Natureza das Aceñas, a ponte vella do Tamuxe e a capela de San Gregorio,...

Actividades de verán no Rosal para nenos de Educación Infantil ou Primaria

Actividades de verán para nenos/as que no curso 2010/2011 estivesen matriculados en Educación Infantil ou Primaria. Consistirán na realización de obradoiros de manualidades, xogos ao aire libre e sendeirismo. Participantes: Nenos de Infantil e Primaria. Poderán participar nenos doutros concellos sempre e cando non se cubran as prazas con nenos do Rosal. Lugar e Calendario: Na Escola Unitaria de Couso os meses de xullo e agosto. Taxas: Pendente...

O Rosal acollerá un "Curso de Iniciación ao Tenis" para maiores de 5 anos

A Federación Galega de Tenis busca achegar o tenis a todos os puntos de Galicia así como incrementar o número de federados neste deporte. Por iso, se tes como mínimo 5 anos e sen límite de idade, e te interesa participar nun curso de iniciación ao tenis que se realizará os luns polas tardes no Rosal, pasa polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural a facer a túa solicitude (986 60 94 50). O curso terá unha duración de dous...

3 may 2011

A Agrupación Musical do Rosal cumpre hoxe o seu 25 aniversario

O 4 de maio de 1986, apadrinada pola "Banda de Música Juvenil de Xinzo" (Ponteareas), tivo lugar na Praza do Calvario a presentación oficial da "Banda Juvenil de la Agrupación Musical de O Rosal", baixo a dirección de D. Laureano Matos Barcia, de Camposancos (A Guarda), aínda que a primeira actuación en público levouse a cabo, cun grupo de gaitas "célula base da Banda" o 22 de xaneiro de 1984, festividade de San Vicente, en Marzán. Velaquí vos deixamos...

Este domingo 8, Asemblea Xeral Ordinaria do Atlético Novás de balonmán

A Xunta Directiva da S.D. Atlético Novás de balonmán, convoca a todos os socios á Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará no Pavillón Municipal o domingo 8 de maio ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda, coa seguinte orde do día: 1.Balance deportivo dos equipos desta Sociedade na tempada 2010/11. 2.Estado de contas.                                 3.Xunta...

Concurso para a selección do cartel anunciador da XIX Feira do Viño do Rosal

O Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os produtos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XIX Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas. BASES 1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro. 2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador. 3.- O premio poderá quedar deserto...

Érguete Baixo Miño organiza talleres de prevención sobre adiccións

Pouco falta para rematar este curso escolar e a Asociación Érguete Baixo Miño inicia as súas derradeiras actividades escolares programadas de prevención para estes meses de maio e xuño. Trátase de Talleres dirixidos a mozos e mozas escolarizadas pertencentes aos cursos de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de PCPI e con idades comprendidas entre os 15 e 20 anos. Neles participarán 171 alumnas/os do I.E.S. A Sangriña de A Guarda. Durante estas actividades,...

Cruz Roja no Baixo Miño convoca un concurso de debuxo infantil

Cruz Roja Baixo Miño con la colaboración del CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal y dentro del proyecto “Movéndonos polo Río Miño” organiza y convoca el primer concurso de dibujo infantil denominado “Conserva nuestros ríos”. Aquí vos deixamos íntegra e literalmente -en castelán- a nota de prensa recibida na nosa Redacción: "Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” se realizan en colaboración con el Ministerio de Medio Ambiente...