FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 jul 2012

CRUZ ROJA E ANABAM ORGANIZAN UNHA RUTA GUIADA POLAS MARISMAS E A RIBEIRA FLUVIAL DA DESEMBOCADURA

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja El próximo domingo 2 de septiembre a partir de las 11:00 h y hasta las 13:30 h, en la desembocadura del Miño, los voluntarios del proyecto Moviéndonos por el Río, en coordinación con la Asociación Ecologista Anabam, realizarán una visita guiada para todas las personas que lo deseen a la “Zona de Las Marismas y la Ribera Fluvial de la desembocadura del Río Miño”.   Todas las personas interesadas...

O ESCRITOR ROSALEIRO XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE SERÁ O PREGOEIRO DA VI FESTA DO PERCEBE 2012 DE VILADESUSO (OIA)

O historiador, escritor e investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe será o encargado de ler o pregón da VI Festa do Percebe que se celebra o domingo 12 de agosto en Viladesuso (Oia). Ás 12 da mañá, o pregoeiro dirixirase ao público asistente, para de seguido comezar a degustación de percebes, polbo á feira, chipiróns, chocos á prancha, mexillóns ou mesmo empanada. Xoán Martínez Tamuxe foi convidado pola Organización en...

30 jul 2012

LIROLAI PARTICIPA EN "VAS SACAR NOTA 2012", CONCURSO DA RADIO GALEGA

(Foto: Lirolai) O grupo de música tradicional LIROLAI participará en "VAS SACAR NOTA 2012" -concurso da Radio Galega- coa canción O salón parroquial. Lembramos que Lirolai "nace no interior da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta entre outras cousas con escola de música, banda, coral, grupos de cámara, etc. O grupo consta de trece compoñentes, seis homes e sete...

XORNADAS MUSICAIS ORGANIZADAS POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Informa: Montserrat Domínguez Otero/ A.M. do Rosal Os días 20, 21 e 22 de agosto o Auditorio Municipal acollerá unhas Xornadas Musicais organizadas pola Agrupación Musical do Rosal. As especialidades que se impartirán son: - Trompeta, por Rafael Carracedo Crespo - Trompa, por José Manuel González Diego - Trombón, por Francisco Sevillá Gonell - Gaita, por Daniel Bellón ...

27 jul 2012

TORNEO DE FÚTBOL 7 ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN MAMED DE PEDORNES. 28 E 29 DE XULLO DE 2012

Informa: Manuel Ángel Pombal Diego Os días 28 e 29 de xullo de 2012 celébrase no campo de fútbol das Tornas, en Santa María de Oia, un torneo de Fútbol 7 organizado pola Asociación Cultural San Mamed de Pedornes. Contémplase un máximo de 16 equipos, cun máximo de 12 xogadores por equipo. Para inscribirse hai que chamar a un dos seguintes números de teléfono: 687 602 779 (Jose) ou 616 292 807 (Luis), e cada equipo debe pagar 80 euros en concepto...

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO CENTRO CULTURAL DE PEDORNES (OIA)

Informa: Manuel Ángel Pombal Diego As Asociacións Cultural “San Mamed” e de Veciños “A Muruxeira” da parroquia de Pedornes, en colaboración con ANABAM e co apoio de Team Minho, organizan unha nova exposición fotográfica no Centro Cultural da citada parroquia. A exposición consta de máis de 100 instantáneas de bolboretas, cabaliños do demo e libeliñas. Todas as fotos de bolboretas foron tomadas pola profesora e fotógrafa Laura Lago, a...

23 jul 2012

O ROSAL CELEBRA OS DÍAS 24 E 25 DE XULLO AS FESTAS DO PILAR 2012

Os días 24 e 25 de xullo celébranse no Rosal as Festas do Pilar 2012. O martes 24, a partir das 22:30 horas terá lugar a VERBENA amenizada polas orquestras MANILA E AMERIKAN TOP. O mércores 25, ás 12:00 h, MISA SOLEMNE cantada pola CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. Ás 21:00 horas, CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL no Auditorio Municipal. A partir das 22:00 h., VERBENA amenizada pola orquestra TAMBO. As mostras...

MANUEL GONZÁLEZ, BRONCE COA SELECCIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT CELEBRADO EN LORCA

Fotografías: Club Ciclista O Rosal / RFEC. Manuel González, corredor do Club Ciclista O Rosal, e recentemente proclamado Campión de Galicia de BTT, ven de conseguir este fin de semana en Lorca (Murcia) un meritorio terceiro posto coa Selección Galega no Campionato de España da modalidade. Tal e como se pode ler na web do C.C. O Rosal: "Nova fazaña do ciclismo rosaleiro da man do Campión Galego de BTT do Club Ciclista O Rosal,...

YASIR MARTÍNEZ, PODIUM EN CANGAS E VENCEDOR DO G.P. DO MEIXOEIRO

O ciclista do CC. O Rosal, Yasir Martínez, que viña de conseguir o pasado 14 de xullo un terceiro posto no VIII Trofeo organizado polo Club da Vila de Cangas, proclamouse vencedor este sábado do Gran Premio Ciclista do Meixoeiro, en categoría benxamín. (Fotos Club Ciclista O Rosal). Podes ler a crónica completa na web do club rosaleiro.  &nb...

NOVO ÉXITO DO II CAMPUS ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN. O ROSAL 2012

Información e imaxes: Aurora Lomba / Atlético Novás O pasado venres 13 de xullo, celebrouse no pavillón municipal do Rosal o II Campus de Balonmán Atlético Novás, cun novo éxito de participación e público. Este campus-campamento estivo destinado a nenos de entre 10 e 15 anos, recibindo cada un bocadillo e auga, así como unha camiseta blanca conmemorativa, de recordo do evento. ...

CRUZ ROJA ESPAÑOLA DISTRIBUIRÁ 33 MILLÓNS DE KG/LITROS DE ALIMENTOS ENTRE AS PERSOAS DESFAVORECIDAS

Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Española Cruz Roja Española distribuirá 33 millones de kg/litros de alimentos entre cerca de un millón de personas desfavorecidas dentro de su Plan de Alimentos 2012, que depende del Fondo Español de Garantía Agraría (FEGA), encuadrado en las medidas de regulación del mercado de productos agroalimentarios de la Política Agrícola Común (PAC). El reparto en la provincia de Pontevedra, lo realiza Cruz Roja...

COÑECE A ESCOLA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

A Agrupación Musical do Rosal, que preside Iván Diego Martínez, informa que a súa Escola de Música abrirá o prazo de inscrición para o curso 2012-2013 o vindeiro 3 de setembro e se prorrogará ata o día 14 dese mes. A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está inscrita no rexistro de escolas de música da Xunta de Galicia, dende o ano 1997, e polo tanto, autorizada para impartir ensinanzas musicais. (Centro 36000843). Para...

12 jul 2012

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO ESCULTOR ROSALEIRO JULIO MARTÍNEZ

Este venres 13 de xullo, ás 20 horas e coincidindo coa inauguración da XX edición da Feira do Viño do Rosal, abrirase ao público a exposición do escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez, xa un "clásico" deste tipo de eventos culturais. Igualmente, a Sala do Concello acollerá dúas mostras fotográficas, unha de José Carlos Castro Martínez, da Guarda, e outra das imaxes gañadoras dos participantes do concurso "Camiño Portugués...

11 jul 2012

CÁSTOR RODRÍGUEZ GONZÁLEZ DEDÍCALLE UNHA POESÍA A FLORINDO

O xuíz de Paz, Cástor Rodríguez González dedicoulle na homenaxe ao pintor rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, esta expresiva poesía, que compuxera en 2008, titulada O ROSAL. Cun lapis de pintor fino alguén debuxou esta terra; fíxolle río e mar, deulle forma de vieira. Por ver así tan fermoso este premio á natureza, o nome do seu bautizo foi a árbore de roseira. Rapaciños do lugar, xuntos coa Coral e a Banda, honrade...

SUEÑO POÉTICO DE MI MARZÁN, POR FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ

O investigador rosaleiro, Juan Ramón Martínez Barbosa, foi o encargado de ler no recoñecemento público e institucional a Florindo Álvarez Martínez, "Floro de Pancenteo", unha das primeiras colaboracións literarias, que o homenaxeado publicou no libro "Romería de San Vicente", dirixido daquela por J.M. del Tamuxe (Xoán Martínez Tamuxe) e editado pola Comisión de Festas, no ano 1974.  O artigo titúlase "SUEÑO POÉTICO DE MI MARZÁN". "Es...

O ROSAL HOMENAXEA A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ, "FLORO DE PANCENTEO", DEDICÁNDOLLE UNHA RÚA

O Rosal homenaxeou este sábado 7 de xullo ao pintor e debuxante rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, coñecido popularmente como "Floro de Pancenteo". Abriu o acto de recoñecemento o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, quen deu a benvida ao público asistente, lembrando que xa hai uns meses a Corporación Municipal aprobara renderlle esta homenaxe no día que Florindo cumpriría 66 anos. A Praza do Xogo en...

9 jul 2012

PRESENTACIÓN DA XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2012 NO LAGAR DE EIRAS

O Lagar de Eiras acolleu o pasado venres 6 de xullo a Presentación da XX Feira do Viño do Rosal 2012. Presidiu este acto o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, acompañándoo na mesa principal a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, o presidente da Cámara de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso, a técnica da Oficina Agraria Comarcal do Rosal, Clara Pousa Ortega e a recoñecida adegueira Rosa Ruiz. Deu a benvida o Alcalde, resaltando que...

O ATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ, DI ADEUS A LONDRES, PERO LOITARÁ POR ESTAR NOS XOGOS OLÍMPICOS DE RÍO

David saudando onte ao público de Balaídos. (Foto: Marta G. Brea/Faro de Vigo) O atleta rosaleiro David Gómez Martínez quedouse ás portas de asistir aos seus terceiros Xogos Olímpicos consecutivos. Onte era a última oportunidade a nivel mundial para establecer rexistros válidos e alcanzar a mínima en decathlon, tras a súa participación en Atenas 2004 e Pekín 2008. Segundo as súas propias palabras "Al final no ha podido ser y Londres...