FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 feb 2011

Entroido de Fornelos: os días 6, 7 e 8 de marzo

Este é o programa de Entroido da activa Comisión de Festas de Fornelos que preside Jorge Rodríguez Álvarez. Debido ao gran éxito do pasado ano novamente estará instalada nas inmediacións da Praza de Fornelos a CARPA FORNELOS ENTROIDO 2011 (xa dende o venres 4 de marzo), organizada –entre outros- por Rubén Vicente, Pablo Pérez e Óscar Castro e que contará con recoñecidos deejais: DJ Fabián (A Guarda), DJ Ricky (O Rosal), DJ Óscar (Salceda), DJ...

25 feb 2011

Destacada actuación dos atletas do S. Xerome

Destacadísima actuación dos atletas do Club Deportivo San Xerome no Campionato Galego de Campo a Través, celebrado o 23 de febreiro no circuíto de Castrelos (Vigo), organizado pola Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual. Un total de 11 Clubs Galegos estiveron presentes no citado circuíto.   Na categoría de competición (máxima categoría feminina), Amparo Ferreira, recentemente galardoada como deportista guardesa...

24 feb 2011

Ofertas-demandas de Emprego e Formación

EMPREGO PÚBLICO O Concello de Gondomar, convoca e elaboración dunha bolsa de traballo para a prestación de servizos temporais como auxiliar administrativo de administración xeral do Concello de Gondomar. A vixencia da bolsa que se constitúa será de 3 anos ou de menos no suposto de que houbera un novo procedemento selectivo para os postos de traballo de auxiliar administrativo do Concello de Gondomar, momento a partir do cal a bolsa deixaría de...

Gustavo Martínez, no XXXIV Rally á Lampreia

O piloto rosaleiro Gustavo Martínez Vázquez disputará este domingo 27 de febreiro en Monçao (Portugal) a XXXIV edición do Rally á Lampreia, que está organizada polo Sport Club do Porto e conta coa colaboración da Câmara Municipal de Monção e o Desportivo de Monção. Este evento é unha "Concentração Turística", considerado como rally de 2ª categoría e atópase inscrito no Calendário Desportivo Nacional da FPAK. Gustavo participará nas dúas...

Javier e Abel disputarán o Rali Torrié (Portugal)

Reportaxe realizada por Roberto Valladares Javier Riveiro Álvarez e Abel Martínez Alonso disputarán o Rali Torrié, primeira proba do Campionato de Portugal de Ralis, organizado polo Targa Clube, que se celebrará os días 26 e 27 de febreiro nos municipios de Vieira do Minho e Povoa de Lanhoso. Por outra parte, o pasado día 12 de febreiro celebrouse o III Rali de Barcelos, con 100 coches na partida, dous dos cales eran rosaleiros. Javier...

23 feb 2011

I Recoñecemento ao Mérito Deportivo, 2011

O domingo 20 de febreiro tivo lugar no Auditorio Municipal o acto de “Recoñecemento ao Mérito Deportivo” co que o Concello do Rosal quixo homenaxear a todos os seus deportistas. O evento reuniu aos sete clubs da vila (U.D. Ribera, Veteranos O Rosal e a U.D. Tamuxe de fútbol, o Atlético Novás de balonmán, o Club Ciclista O Rosal, o Club “Os Pardillos” de Parapente e o Club de Atletismo CPI Manuel Suárez Marquier). Tamén estiveron representados deportes...

Inauguración da mostra de Gemma Marqués

O mércores 23 de febreiro ás 19:00 horas inaugúrase na Sala 2 de NovaCaixagalicia de Vigo unha exposición pictórica da artista burgalesa afincada na Guarda, Gemma Marqués. A mostra -titulada Retratos y Bodegones- segundo a autora "constará de una veintena de obras de las series que he realizado en los últimos años, retratos al óleo por encargo, bodegones urbanos, contenedores y bidones, marinas y gamelas de A Guarda y una serie...

21 feb 2011

O SLG organiza un curso na vila do Rosal

O Sindicato Labrego Galego da comarca do Baixo Miño vai a desenvolver, a partir do xoves 24 de febreiro, un CURSO DE PODA E ENXERTO en froiteiras e viña no que se afondará sobre as seguintes temáticas: - No tema da poda, farase fincapé nas froiteiras de pebida e de óso, e tamén na videira. En concreto, explicaranse aspectos como a poda de formación, frutificación e rexuvenecemento; cortes de poda; cicatrización das feridas; formas de poda; e materiais...

15 feb 2011

Orixinal conxunto de esculturas no Torroso

Reportaxe fotográfica: Claudio Martínez Rodríguez Velaquí vos deixamos esta interesante reportaxe fotográfica dun curioso conxunto artístico gravado en pedra nos montes do Torroso (O Rosal/Salcidos). As imaxes son propiedade de Claudio Martínez Rodríguez, que estivo acompañado nesa visita polo seu irmán Martín Martínez Rodríguez e Ana Elena Castro Dorna. Segundo as nosas investigacións esta orixinal idea xurde hai uns quince anos...

11 feb 2011

Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (2ª et.)

A segunda andaina -de carácter mensual e gratuíta- organizada polo Concello do Rosal, levou a preto de 200 persoas a percorrer o sábado 5 de febreiro o Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe, homologado pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 112). Asistiron a esta nova cita –entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Alonso e a concelleira de Educación, Mabel Franco Pérez, ademais...

A Cámara de Tui reuniuse co Alcalde do Rosal

Velaquí vos deixamos -íntegra e en castelán- a nota de prensa relativa á reunión que tivo lugar o xoves 10 de febreiro entre o Comité Executivo da Cámara de Comercio de Tui e o alcalde rosaleiro, Jesús Mª Fernández Portela: • Después del encuentro de la semana pasada con Portos de Galicia, la Cámara continúa con los acercamientos institucionales y se reúne con el Alcalde de O Rosal • Uno de los atractivos turísticos de esta zona es la Feria...

10 feb 2011

Javier Riveiro e Abel Martínez, en Barcelos

Información facilitada e redactada por Roberto Valladares. Despois de ter estreado a finais do ano pasado un Peugeot 206 XS o equipo rosaleiro formado por Javier Riveiro e Abel Martínez, renovan aposta nos rallyes do norte de Portugal con esta montura. Patrocinando este proxecto están: • Bar D'Bute • Moto Bar Queima Roda • Xestoría Asnela • Nahomar • Bar Skape 34 • Cafés Musetti • Transportes Los Gemelos • Materiais de construción...

7 feb 2011

Si Radio ofrece un novo programa do Baixo Miño

A programación de Si Radio no Baixo Miño vese complementada cun novo programa que se emite de luns a venres, de 12 a 13:30 da tarde no Dial 107.1 FM. Trátase aquí especificamente a actualidade e as noticias da nosa Comarca, facendo fincapé en temas de cultura, servizos, asociacións, deporte local... entre outros. Si Radio crea desta maneira un novo espazo para todos os oíntes dos municipios que compoñen a bisbarra baixomiñota. Dirixido por...

Últimas prazas para novo curso de Cruz Roja

Velaquí vos deixamos a última nota de prensa de Cruz Roja remitida á nosa Redacción: "Últimos días de inscripción para el curso de Mediadoras/es en Prevención de Conductas Violentas de Cruz Roja Juventud. La acción se organiza en Vigo para la incorporación de nuevos voluntarios a su proyecto Sen Violencia-Convivencia en las zonas de Vigo, Ponteareas y Baixo Miño. El período de inscripción finaliza el próximo miércoles 9 de febrero de 2011. Cruz...

Luis Sández e Borja Cadilla, en Portugal

Os atletas Luis Sández, de Tui (na imaxe chegando á meta) e Borja Cadilla, de A Guarda, pertencentes ao Club Deportivo San Xerome, participaron o pasado fin de semana na XIII edición da Meia Maratona Manuela Machado, na vila portuguesa de Viana do Castelo. Masiva participación internacional e moi boa organización do evento, no que se combinaba a proba atlética cunha camiñada pola vila de Viana. Participaron máis de 1.000 persoas, entre elas,...

Actos do 30 Aniversario do Centro San Xerome

Velaquí vos deixamos a nota de prensa íntegra que baixo o título 1981 – 2011:  30  anos construídos entre tod@s foi remitida á nosa Redacción, ao igual que varias imaxes dos inicios do Centro San Xerome: "O próximo martes día 8 de febreiro, cumpriremos 30 anos de existencia. A nosa historia estase a escribir con sucesivos capítulos cheos de incógnitas, dúbidas, dificultades e satisfaccións, pero nos que o apoio moral, económico...

6 feb 2011

Xa está funcionando a Oficina Virtual do Oral

O seu sistema de información está preparado para que os contribuíntes realicen determinadas xestións tributarias a través de Internet de forma segura. O acceso a estas xestións se poden facer mediante o portal web do ORAL (oral.depo.es) ou o portal da Deputación de Pontevedra (http://www.depo.es/). En ambos casos se establece unha conexión segura e en tempo real coa aplicación do ORAL. Unha vez identificado o contribuínte de forma segura a través...

3 feb 2011

O V Torneo de Cachiza de Pías, o sábado 5 de marzo

Xa queda pouquiño! Velaquí vos deixamos o cartel do V Torneo de Cachiza de Pías. San Gregorio, 2011, así como o enlace ás fotos da pasada edici...