FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 ene 2011

Entrevista a Sergio Alonso e Zaira Solla

A parella rosaleira Sergio Alonso e Zaira Solla embarcarase este ano 2011 nunha trepidante aventura. Esta consistiu en primeiro lugar na creación do equipo de rallys Alonso30 Competición, baixo a escudería Racing Sport, para, se é posible, participar na Copa Kumho Senior, proba valedeira para o Campionato Galego. Cun atractivo, fiable e prometedor Peugeot 106 Rally a bo seguro darán espectáculo a raudais e intentarán realizar un digno papel no...

Obradoiro de Teatro Leído para maiores

Velaquí vos deixamos a última nota de prensa de Cruz Roja recibida na nosa redacción, que publicamos íntegra e literalmente: Cruz Roja Española en el Baixo Miño iniciará en el próximo mes de febrero una nueva actividad, gratuita, para mayores de 65 años, denominada TALLER DE TEATRO LEÍDO. Esta actividad se desarrollará los martes y jueves en horario de 10.00 a 11.30, probablemente en el Recreo Artístico de A Guarda. Todavía hay...

27 ene 2011

Rapaces do San Xerome e Avelaíña, en Lisboa

Un grupo de mozos e mozas dos Centros San Xerome e Avelaíña viaxaron, o xoves 27 de xaneiro, a Lisboa no marco do proxecto europeo: “JÓVENES CON EUROPA: UN DIÁLOGO DE PARTICIPACIÓN E IGUALDAD”. Alí participarán, ata o domingo día 30 de xaneiro, en diferentes actividades con mozos e mozas do Centro Cercipóvoa da localidade de Santa Póvoa de Iria, situada a 30 minutos de Lisboa. O Proxecto consiste no achegamento de rapaces con discapacidade...

25 ene 2011

Vitoria do Mecalia Atl. Novás ante o Cisne BM

Segundo podedes ler no foro do Mecalia Atlético Novás, o encontro disputado no pavillón municipal o sábado 22 de xaneiro ante o Cisne BM foi un “partido de ida y vuelta, sin buen juego pero con gran emoción hasta el pitido final. La novedad fue que de nuevo se quedó Jacobo en el banquillo, que sigue aquejado de sus molestias, para ceder su puesto a Harris, y no salió enchufado el Novás que rápidamente se veía a remolque (1-4)”. A crónica do...

Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (día 5)

O sábado 5 de febreiro (en caso de mal tempo sería o seguinte) terá lugar a segunda etapa do programa “O Rosal. Coñece o teu concello” co percorrido polo Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe, homologado pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 112). Lembrar que a primeira destas saídas mensuais, a de xaneiro, foi aos Muíños do Folón e Picón, con demostración de moenda e realización da ruta de sendeirismo incluída. En febreiro, polo tanto, tócalle...

24 ene 2011

José Manuel Cores Tourís visita O Rosal

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o venres 21 de xaneiro as obras de execución de beirarrúas na PO-353 no concello, onde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investiu case 54.000 euros nos últimos meses. Durante a visita, o delegado territorial estivo acompañado do alcalde da vila, Jesús Fernández Portela. As obras, que acaban de rematar, consistiron na execución...

22 ene 2011

Nace un novidoso equipo de rallies no Rosal

Os mozos rosaleiros Sergio Alonso Treinta e Zaira Solla Rodríguez crean o equipo de rallies ALONSO30 COMPETICIÓN. En breve publicaremos a nosa ENTREVISTA-REPORTAXE onde coñeceremos todo o referente ao seu ilusionante proxec...

21 ene 2011

Cruz Roja Juventud organiza un novo curso

Neli Rodríguez // Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño Segundo nota de prensa remitida á nosa redacción, Cruz Roja Juventud organiza un curso en Vigo para a incorporación de novos voluntarios ao seu proxecto "Sen Violencia-Convivencia" nas zonas do Baixo Miño.A acción formativa que se vai a desenrolar é: mediador/a en prevención de condutas violentas de Vigo. Xa está aberto o período de inscrición e as prazas son limitadas. Transcribimos literalmente...

Xeratrium, grupo de teatro do San Xerome

O grupo de teatro Xeratrium, do Centro San Xerome, estreará o venres 21 de xaneiro a peza “Saturday night” no Centro Cultural de Allariz, convidados por “PUZZLE (Asociación que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade). Esta Asociación, constitúese como tal en Allariz a 20 de decembro de 2007 coa finalidade de mellorar a calidade de vida, desenvolvemento integral e inclusión social e laboral das persoas con discapacidade...

20 ene 2011

Últimas prazas para o Obradoiro de Memoria

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal comunica que aínda quedan dúas prazas vacantes para participar no Obradoiro de Memoria para Maiores que en breve se celebrará no Centro Social Polivalente os martes e xoves de 17 a 18 horas. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 60 94 ...

Se estiveches en Francia, diríxete ao Polivalente

Dende a concellaría de Servizos Sociais do Rosal que dirixe Mª Carmen Alonso, recoméndase que todas aquelas persoas que traballaran en Francia, en calquera réxime (agrario, xeral, autónomo, complementario e viúvas) o tempo que sexa, se dirixan ao Centro Social Polivalente ou chamen ao teléfono 986 60 94 50 e pregunten pola Traballadora Social para ser informadas das novas medidas adoptadas por este país....

19 ene 2011

Cursos de Lingua Galega para o CELGA no Rosal

Cursos de lingua galega preparatorios para as probas do CELGA para particulares e no Concello do Rosal. Convoca: Consellería de Educación.   Contido: convocatoria para solicitar participar en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos diferentes niveis do CELGA para particulares en Pontevedra e Vigo (no caso da provincia de Pontevedra) así como para a realización dun curso preparatorio no Concello do Rosal (que tería lugar,...

Programa Emega: apoio á nova muller empresaria

Segundo se informa dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da vila, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza oferta "subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega)". Obxecto: convocatoria de axudas para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través...

18 ene 2011

Primeira proba do ano para José e Óscar Rguez

Texto: Roberto ValladaresFotografías: Marcos Rodrigues Vídeo: Joao Pedro Sousa - Rally Mania O pasado sábado 15 de xaneiro celebrouse en Fafe (Portugal) o Rali de Montelongo, proba puntuable para o Open de Ralis, Trofeo Nacional de Clássicos, Campeonato Júnior, Campeonato Regional Norte e Campeonato Regional Nordeste. Neste rali participou un equipo rosaleiro, con José Rodríguez como piloto e Oscar Rodríguez, copiloto. Unha tempada máis,...

Curso de primeiros auxilios con maiores

Neli Rodríguez / Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño Transcribimos literalmente a nota de prensa remitida á nosa redacción: "Cruz Roja Española en el Baixo Miño convoca un curso de interés sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios.   El curso de Primeros Auxilios con Personas mayores, baremable para el SERGAS tiene una duración de 20 horas teórico...

Festas na honra de San Vicente, Marzán 2011

Os días 21, 22 e 23 de xaneiro celebraranse en Marzán (O Rosal) as Festas na honra de San Vicente 2011. O venres 21, a partir das 18:00 horas, haberá unha GRAN ZORZADA E CHOURIZADA acompañada polo "Son Musical ELECTROSIL". O sábado 22, ás 11 h. da mañá, Misa na honra de San Vicente. A partir das 17:00 horas, GRAN CALLADA CASEIRA. Ás 22 horas comezará a VERBENA a cargo da orquestra Mar Azul e o Grupo Niebla. Na imaxe, o triatleta...

Primeira etapa: Ruta dos Muíños do Folón-Picón

O sábado 15 de xaneiro tivo lugar o primeiro percorrido turístico-cultural pola vila rosaleira dentro do programa “O Rosal. Coñece o teu concello”. Un cento de persoas de toda a comarca do Baixo Miño asistiu ao curioso proceso de moenda no “Muíño das Laxes” cunha demostración “in situ” da conversión do millo en fariña para, de seguido, comezar a ruta polo Folón. Lembrar que esta ruta dos muíños do Folón-Picón, está homologada pola Federación...

17 ene 2011

VI Galiexpo Motor Show, por Cristóbal Coímbra

Reportaxe fotográfica de Cristóbal Coímbra. Os días 14, 15 e 16 de xaneiro tivo lugar no Ifevi de Vigo a sexta edición de Galiexpo Motor Show, que contou -entre outros- coa participación do vigués Jorge Casales (campión de Europa júnior de trial) e pola que pasaron miles de persoas. O evento foi presentado o venres no concello vigués nun acto que contou coa presenza do tenente de alcalde, Santi Domínguez, a delegada da Xunta en Vigo, Lucía...

16 ene 2011

RM Río Miño nos medios de comunicación

Transcribimos literalmente esta nova nota de prensa remitida á nosa redacción por José Benito Guerreiro Álvarez: "O Proxecto de Trazabilidade para a pesca do Río Miño segue avanzando e o equipo de promotores está traballando a reo para que, como moi tarde na primeira semana de marzo, sacar ao mercado as primeiras lampreas cun sistema de marcaxe tan innovador que permitirá comprobar que esas lampreas proceden do Río Miño aínda despois...

14 ene 2011

Cruz Roja orienta sobre a búsqueda de emprego

Segundo nos comunica Neli Rodríguez, da Asemblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, esta entidade "retoma el proyecto dirigido a orientar, y crear hábitos relacionados con la búsqueda activa de empleo además de continuar con su punto de información y Orientación Laboral. En breve se iniciará un taller de empleo en el cual trabajaremos los siguientes puntos: habilidades sociales para la búsqueda de empleo; factores que influyen en la búsqueda de...

13 ene 2011

Bases do Concurso-Desfile de Entroido 2011

    "As fillas da Conexa", o pasado ano 2010  BASES PRIMEIRA.- O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2011 o domingo, 6 de marzo, ás 11:30 horas. O desfile percorrerá a rúa Ramón Franco (desde o cruce coa Lomba) e a rúa Julio Sesto (ata a rotonda da feira) SEGUNDA.- A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello,...