TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

3 ene 2011

O Rosal. Coñece o teu concello. ¡Apúntate!



O Concello do Rosal comezará en xaneiro de 2011, unha iniciativa pioneira no Baixo Miño.

Coa denominación “Coñece o teu Concello”, os primeiros sábados de cada mes (en caso de mal tempo, sería o seguinte) realizaranse uns percorridos turístico-culturais polas catro parroquias rosaleiras.

Quen desexe participar nalgunha destas andainas ten que inscribirse previamente no Concello, chamando ao Departamento de Turismo (986 62 50 00) ou ben enviando un correo electrónico cos seus datos (nome, D.N.I. e teléfono) a turismo@concellodorosal.es

A primeira cita será o día 15 de xaneiro, ás 15:00 horas, cando se fará a ruta dos Muíños do Folón e do Picón, homologada pola Federación Galega de Montañismo e onde se visitará a súa oficina turística, que á vez é o primeiro destes enxeños hidráulicos. Se a forza de auga o permite se fará unha curiosa demostración de moenda para converter o millo en fariña.

A seguir se comezará o percorrido de preto de 3’5 km polos muíños, considerados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. Coñeceremos todos os segredos que os envolven, a súa historia e as súas lendas. Visitaremos lugares verdadeiramente máxicos e cunhas panorámicas cara a desembocadura, o Val e Portugal, sen dúbida, únicas.

 
PROGRAMA

XANEIRO

Día 8 (aprázase ata o 15): Muíños do Folón-Picón con visita ás Pozas da Cal. Saída: Oficina de Información (1º muíño, Martín), ás 15:00 horas.

FEBREIRO

Día 5: Senda de pescadores (Eiras-Aceñas). Saída: Muíño das Aceñas, ás 15:30 horas.

MARZO

Día 5: Sanxián – Portecelo. Camiño Portugués da Costa. Saída: inmediacións do Bar Horizonte, ás 15:30 horas.

 
ABRIL

Día 2: Igrexa Parroquial Santa Mariña - Capela de Santa Ana - Capela de San Vicente-Sepulcros de Marzán. Saída: Praza do Calvario ás 15:30 h.

MAIO

Día 7: Ponte do Tamuxe - Aula Natureza Aceñas - Serra do Pijorro. Saída: Ponte vella do Tamuxe.

XUÑO

Día 4: Ruta das Pesqueiras (Urgal-Fornelos). Saída: Pontiña do Urgal.

XULLO E AGOSTO: Descanso

SETEMBRO

Día 3: Ruta dos petróglifos. Saída: Praza do Calvario.

OUTUBRO

Día 1: Ruta dos cruceiros. Saída: Praza do Calvario.

NOVEMBRO

Día 5: Igrexa parroquial San Xoán de Tabagón - Cruceiro dos Maios - Capela da Madanela (Eiras). Saída: Praza do Calvario.

DECEMBRO

Día 3: Niño do Corvo. Saída: Praza do Calvario.

Recomendacións: roupa cómoda, auga e cámara.

0 comentarios:

Publicar un comentario