TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

24 ene 2011

José Manuel Cores Tourís visita O Rosal



O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o venres 21 de xaneiro as obras de execución de beirarrúas na PO-353 no concello, onde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investiu case 54.000 euros nos últimos meses.

Durante a visita, o delegado territorial estivo acompañado do alcalde da vila, Jesús Fernández Portela.

As obras, que acaban de rematar, consistiron na execución de 300 metros cadrados de beirarrúa con lousa hidráulica e máis abastecemento con ensanche de plataforma na travesía de Pancenteo, na estrada que une Fornelos con A Guarda.

O orzamento da construción destas beirarrúas foi de 53.483 euros e a empresa encargada da súa execución foi Escavacións Pérez.

A maiores, o delegado territorial, acompañado do alcalde do Rosal, aproveitou tamén para comprobar a obra recentemente rematada no campo de fútbol de A Mata no que se instalou un muro de contención co obxectivo de estabilizar a zona onde se atopa situado. Esta obra roldou os 58.000 euros e foi adxudicada á empresa Xérmolo.

0 comentarios:

Publicar un comentario